O Concello de Marín incorpora o “Selo Padrón” os trámites telemáticos

Con data 9 de xaneiro publicouse no BOOP o anuncio da creación do “selo padrón de habitantes do Concello de Marín”. Este é un paso máis na modernización dos trámites administrativos do Concello de Marín, que redundan na poboación.

A Lei 40/2015, de 1 de octubre de Réxime Xurídico do Sector Público define no seu artigo 41 a actuación administrativa automatizada como calquera acto ou actuación realizada íntegramente a través de medios electrónico por unha Administración Pública no marco dun procedemento administrativo e na que non interveña de forma directa un empregado público.

Así aprobase os siguientes procedementos:

De carácter específico:

•  Expedición de certificados e de volantes de datos padroais informatizados.

•  Comunicacións e actos de trámite coa cidadanía relacionados coa súa inscrición padroal.

Para futuras incorporacións de procedementos e/ou servizos automatizados será necesaria a aprobación mediante resolución de alcaldía

Os órganos responsables en relación coas actuacións administrativas automatizadas relacionadas no punto anterior serán:

•  A Secretaría Xeral como órgano responsable da definición das especificacións destas actuacións administrativas automatizadas.

•  Departamento de Informática como órgano responsable da programación, mantemento, supervisión e control de calidade e, se é o caso, auditoría do sistema de información e do seu código fonte.

•  A Alcaldía do Concello como órgano responsable para os efectos de impugnación.

Neste caso, ata agora cando unha persoa precisaba un certificado ou un volante de empadronamiento, tiña que solicitalo e vir o día seguinte a recollelo, xa que tiña que ser firmado pola secretaria xeral e pola alcaldesa. Con este novo procedemento, a persoa pode recollelo no mesmo día, dependendo da afluencia de xente na oficina de rexistro no mesmo momento de solicitalo, ou daselle a opción de remitirllo o final do día por correo electrónico. Esta última opción ten ademáis o beneficio de o contar con selo electrónico, ter tres meses de validez, con que pode ser impresa cantas veces sexa necesaria.

Comparte!!!

Relacionados