Moitas persoas acudiron naquela ocasión á inauguración do Aeroporto, con este primeiro voo que estreaba a liña Madrid – Vigo. O DC-3 aterraba nunha pista de 1500m, cunha terminal reducida e en forma de V.
O Faro de Vigo recolleuno naquela ocasión o a súa edición do 27 de abril, reflectindo a expectación da época co seguinte titular:”A cidade vibrou con xubiloso entusiasmo con motivo da inauguración do seu Aeroporto”
Pero Vigo xa tiña a súa propia historia cos “ceos”…
Remontámonos máis atrás, a 1911, nesta data celébrase un gran espectáculo aéreo protagonizado por Jules Védrines o 23 de setembro. Acudiu xente de toda Galicia a contemplalo, e así o recolle igualmente o Faro de Vigo o 23 de setembro: “Era inmensa la expectación que había en toda Galicia para ver volar a Védrines…”
“Era inmensa la expectación que había en toda Galicia para ver volar a Védrines…”
Posteriormente, anos despois houbo outros espectáculos aéreos:
→ 1913- Coia
→ 1914 – Praia de Panxón
Pero aínda estamos lonxe da explotación comercial de liñas aéreas.
Teremos que chegar a 1927, cando o goberno da época considera que é necesario un aeródromo de carácter aduaneiro en Galicia. Un par de anos despois ábrese o tráfico aéreo oficial de hidroavións, o porto marítimo e a Baía de Vigo; construíndose como apoio en Redondela, na praia de Cesantes un “aeroporto marítimo”.
De novo haberá que esperar até 1936, nese verán atopábase na zona o enxeñeiro Francisco Senac. Nese verán estala a guerra civil española, e este enxeñeiro acompañado por militares buscaron unha localización para o “aeroporto terrestre”; xa que necesitaban unha pista para que despegasen avións caza que chegarían a Vigo por barco.
Visitaron As Gándaras de Budiño (Porriño), que ofreceran os seus terreos; non lles resultaron estes terreos válidos ao estar en parte alagados; achegáronse até Valladares e cando ían de camiño, veciños de Mos ofrecéronse a mostrar os terreos de Peinador, e foi así como finalmente optouse por esta localización.
Co tempo o Concello de Vigo apoiado por empresas locais seguiron traballando neste proxecto.
Chegou nova maquinaria, pero estamos nunha época de falta de recursos, faltando financiamento e man de obra. Iníciase así unha campaña de recollida de fondos, e por outra banda, as autoridades militares fixeron “un chamamento obrigatorio á poboación”; polo cal milleiros de homes de Vigo, Mos de idade entre 20 e 50 anos, foron obrigados a traballar dous días ao mes nestas obras, só podendo librarse pagando 12 pesetas, que entón, correspondíase co “dobre do xornal dun braceiro”
Foto AENA // Aeropuerto de Vigo na actualidade
A pesar de todos estes esforzos, desde Madrid, as autoridades nacionais comezan unha campaña para construír un aeroporto en Santiago de Compostela.
A pesar de todos estes esforzos, desde Madrid, as autoridades nacionais comezan unha campaña para construír un aeroporto en Santiago de Compostela. Con todo, en Vigo continuarase traballando, e é así como en 1938, o 10 de decembro anúnciase a apertura ao tráfico dunha zona do Aeroporto de Vigo.