Coincidindo co inicio da tempada alta, a Concellería de Turismo e Termalismo está a desenvolver accións de difusión e promoción turística en diferentes mercados obxectivos do destino Ourense. A campaña céntrase en presentar a nosa cidade coma un “destino onde deXconectar”, seguindo o lema presentado en FITUR a comezos de ano. Contempla accións publicitarias na Rede Nacional de Paradores, RENFE e Air Europa, todas con publicacións propias nas que Ourense estará presente nos meses de abril, maio e xuño. “Trátase dunha campaña na que facemos unha promoción por obxectivos moi…
Ver+Etiqueta: Termas de Muíño Da Veiga (Ourense)
As Termas de Muíño da Veiga pechadas polas variacións no caudal do Miño. Ourense
As variacións do caudal do río Miño pola apertura de comportas na estación de bombeo de Oira están a provocar o anegamento periódico das termas do Muíño da Veiga. Por este motivo, a Concellería de Turismo e Termalismo sinalizou a zona afectada co gallo de prohibir o acceso das persoas. O Concello de Ourense aconsella seguir as indicacións na zona termal, que acoutan o espazo con balizas por motivos de seguridade.
Ver+Iluminación máis eficiente nos paseos termais de Outariz e a Chavasqueira. Ourense
Os paseos termais de Outariz e a Chavasqueira mellorarán a súa iluminación e eficiencia enerxética fruto do proxecto de colaboración entre o Concello de Ourense e a Deputación, que executará o ente provincial e que terá un orzamento de 48.000 euros. O proxecto de colaboración co ente provincial súmase ás actuacións coas que o Concello vén apostando neste mandato por reivindicar e recuperar os espazos termais situados á beira do río Miño, con inversións por importe de 533.838 euros que significaron unha total renovación da contorna. Desde xuño de 2015…
Ver+Mellora na eficiencia enerxética dos paseos turísticos – termais. Ourense
Foto©Porgaliciabaixo Os paseos turístico-termais nas ribeiras do Miño contarán cunha mellora da iluminación e da eficiencia enerxética grazas ao investimento de 48.000 euros contemplado no marco do Plan de Cooperación Provincial da Deputación de Ourense. Destinado a darlle valor a un dos nosos potenciais turísticos e de lecer e mellorar a experiencia dos usuarios, a reforma da instalación consistirá no subministro e instalación de novas luminarias viarias pechadas, de tecnoloxía LED, coa que se persegue ademais unha mellora ambiental mediante a redución de gases de efecto invernadoiro e un aforro económico importante.…
Ver+Nas Termas de Muíño Da Veiga, Ourense
Foto: Ano 2014©Porgaliciabaixo
Ver+Ruta Termal Ourense Cidade
Foto©Porgaliciabaixo Ourense é auga, auga polos seus ríos, e auga polos seus manantiais termais. As dúas van da man neste caso; xa que existe unha senda peatonal duns cinco quilómetros, e esta só se atopa a uns minutos da cidade, e por suposto, tamén se pode acceder a ela andando. Este paseo ten unha contorna absolutamente privilexiada paralela ao río, entre praderas e frondosas arboledas, acompañadas polo son do Miño e salpicado este camiño polas diferentes termas e fontes termais. Partindo das proximidades da moderna Ponte do Milenio, chegaremos ao…
Ver+O acceso ás Termas do Muíño está prohibido e a súa limpeza atópase pendiente, como noutras ocasións, de que baixe o caudal do Miño
O Concello advirte que o acceso ás Termas do Muíño, e polo tanto o seu uso, está prohibido e a súa limpeza atópase pendiente de que baixe o caudal do Miño. A extraordinaria meteoroloxía deste inverno e primavera, con frecuentes choivas, impediu que o caudal do río Miño baixase de xeito suficiente para poder proceder á limpeza das mesmas, que se atopan balizadas porque, a día de hoxe, está prohibido o seu uso. Noutros anos, como por exemplo no 2016 vivíronse situacións semellantes, nas que ata ben entrado o mes de…
Ver+