Chega Ben veñas, Maio! . Pontevedra

Chega unha nova edición de Ben veñas, Maio!, o programa que promove a Concellería de Normalización Lingüística xunto cos equipos de normalización (ENL) dos institutos de Pontevedra co fin de promover o uso do galego entre a mocidade, a través das artes. Unha mostra de teatro escolar e seis certames de creación forman o programa, que este ano introduce a categoría de videoclip musical, froito da reformulación do certame musical. As aoutras categorías son: Banda deseñada, narración curta, fotografía, poesía e curtametraxe.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe a nova cita de Ben veñas, Maio xunto co coordinador do programa e do ENL do IES Valle Inclán, Francisco Suárez. A iniciativa, lembraron, ten como obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da nosa lingua.

Ben veñas, Maio! vai dirixido ao alumnado de ESO, ciclos formativos e bacherelato dos centros públicos de Pontevedra. Os interesados en participar nalgún ou en varios dos certames teñen de prazo até o 23 de abril para presentar as súas creacións. O anuncio do veredicto do xurado e a entrega de premios realizaranse nunha gala ao remate da mostra de teatro “Ben veñas, maio” o xoves 9 de maio de 2019.

¬VER/DESCARGAR BASES

Comparte!!!

Relacionados