Formación en igualdade para veciños e asociacións. Sanxenxo

O vindeiro día 09 de abril ás 19:30h no Pazo Emilia Pardo Bazán, terá lugar unha xornada de formación en IGUALDADE de oportunidades entre homes e mulleres para persoal das Asociacións do Concello de Sanxenxo, e demais veciños e veciñas interesados en asistir.

O papel das persoas integrantes de asociacións como axentes socializadores e de cambio, resulta fundamental para o crecemento da nosa sociedade, polo que a introdución de principios básicos de igualdade entre mulleres e homes nos parece necesario e de aplicación continuada.

O obxectivo  é achegar a igualdade como forma de aplicación de forma directa ou indirecta en todas as vosas actividades, na xestión diaria e no desempeño das vosas funcións.

A duración da formación será de aproximadamente unha hora e media, dunha forma práctica, sinxela e directa.

Será impartida por unha persoa Axente de Igualdade de ampla experiencia co que o concello  colabora de forma continuada.

Comparte!!!

Relacionados