Imos ao tempo dos Magostos…

Foto: Ano 2016©Porgaliciabaixo Din contos populares toscanos que o castiñeiro ten os mesmos poderes benéficos e máxicos que o carballo. Aínda que a súa sombra da mala sorte. Ó cortares a árbore sae o demo que pode quitarlle a vida se non se lle entrega un fillo ou filla. As castañas son consideradas coma froitos funerarios, cómense a vespera do Dia dos Defuntos ou deixánse para que os mortos as coman durante a noite. Tamén temos moitas semellanzas coa tradición veneciana de comelas o día de San Martiño. As mulleres…

Ver+

Un outono entre castañas e cogomelos

O outono chega a Galicia e a protexe do frío vestíndoa de cores cálidos: marróns, amarelos, ocres, … As fragas están radiantes, non só polas fermosas e incomparables paisaxes coas que nos agasallan,  senón porque nos proporcionan os produtos estrela da gastronomía galega da tempada: as castañas e os cogomelos. É certo que os cogomelos os podemos atopar durante todo o ano, pero é en outono cando podemos gozar dunha maior cantidade e variedade:  os champiñóns, os boletos, os níscaros, as cantarelas, as trompetas dos mortos, as setas dos cabaleiros,…

Ver+