As entradas para o concerto de Izal das festas de Ourense xa á venda

A banda Izal, que encheu dous días consecutivos o WiZink Center de Madrid cos concertos de presentación do seu cuarto álbum, Autoterapia, puxo á venda as entradas para o seu concerto en Ourense o luns, 22 de abril, a través da plataforma online Ataquilla.com. As primeiras 500 terán un prezo de 15€.

A banda regresa así a Galicia, onde o 23 de febreiro estreara o seu novo espectáciulo no Coliseum da Coruña. Completaron o seu circuíto por Europa con 4 concertos con entradas esgotadas, visitando por primeira vez Suíza (Mascotte en Zúric) e volvendo a Londres e Dublín (The Grand e The Button Factory, respectivamente). Tamén viaxaron a Arxentina co seu último álbum (Cosquín Rock, Córdoba e The Roxy en Buenos Aires) e volverán a México no mes de maio (Pulso GNP, Querétaro) e no de xuño (Cosquín Rock, Guadalaxara).

A imaxe de xira está inspirada no videoclip da canción A incrible historia do home que podía voar pero non sabía como. O vídeo, que foi nomeado a numerosos festivais de cinema como o Festival de Málaga, parte dunha idea de AfterliVe Films, que traballou en colaboración con Manuel Rubio e o seu equipo de animación Hiru animation para desenvolvelo.

Este concerto é unha proposta de I-Radia Crea, unha promotora de eventos nacionais e internacionais con sede en Santiago de Compostela.

Comparte!!!

Relacionados