Conferencia ‘Educar en el asombro’. Sanxenxo

Será o vindeiro venres 5 de abril ás 20.00 h co título “Educar en el  asombro”. Baixo este título a conferenciante abordará as claves para conseguir que un neno, e logo un adolescente, actúe con ilusión, sexa capaz de estar quieto observando con calma o que lle rodea, pense antes de actuar e estea motivado para aprender sen medo ao esforzo. E é que Catherine L´ Ecuyer quere incidir na súa intervención no perniciosa que pode ser a hipereducación ou o desexo de moitos pais de que os seus fillos/ as sexan “ supernenos/ as”.

A conferencia enmárcase no programa “A familia como motor de cambio: educar non esforzo e na responsabilidade”, unha iniciativa de formación para familias que organizan conxuntamente o CFR Pontevedra, o Concello de Sanxenxo e as Anpas do municipio.

Aquelas persoas que desexen asistir poden inscribirse chamando ao 986727936 o a través da ligazón http://bit.ly/FormacionFamiilaSanxenxo20192T. Haberá servizo de ludoteca para aquelas familias que o necesiten.

 

Comparte!!!

Relacionados