Unha árbore Monumento: A Carballa da Rocha

Foto: Turismo de Galicia A Carballa da Rocha é un carballo situado no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense), declarado Monumento Natural pola Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 2007, englobando seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Tamén foi declarada árbore senlleira o 17 de abril do 2007. O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular, o que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela. O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cm,…

Ver+