Foto: Wikipedia //Lansbricae
O Pazo de Oca é unha casa señorial galega construída entre os séculos XVII e o XVIII.
Está situado na parroquia de Santo Estevo de Oca, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra, (Galicia). Encontrase no val do río Ulla, a uns trinta quilómetros ao sueste da cidade de Santiago.
Foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. A primeira familia propietaria do pazo foi a de Don Suero de Oca. Na actualidade pertence ao Ducado de Medinaceli.
Trátase dunha leira estruturada en tres zonas: na primeira, situada intramuros, atópase a casa señorial, o xardín e o horto; no terreo adxacente sitúase a Igrexa de San Antonio de Padua, así como varias casas de xornaleiros; máis aló áchase a contorna agroforestal de Traga de la Cerrada, a Carballeira de Ouriles e os prados do Su Batan e dos Bardoucos. A igrexa foi construída entre 1731 e 1752, posible obra do arquitecto dominico frei Manuel de los Mártires.
A orixe do pazo sitúase no século XIII, aínda que os edificios actuais son do XVIII, en estilo barroco, iniciativa do entón propietario Fernando Gayoso Arias Ozores, VII Conde de Amarante e señor de Oca.
Na zona abunda a auga, grazas a dous arroios que flúen en senllos ramais
No século XIX ampliouse o xardín, obra de François Viet, xardineiro do Campo del Moro madrileño.
Os xardíns do pazo son un dos mellores expoñentes da xardinaría en Galicia: no patio principal atópase unha fonte con parterres rodeados de setes de boj, e con plantacións de camelias, azaleas, palmeiras e rododendros; na paisaxe circundante áchanse carballos, castiñeiros, nogueiras e bidueiros.
Na zona abunda a auga, grazas a dous arroios que flúen en senllos ramais: o primeiro desemboca nunha pradaría no límite do pazo, e o segundo forma dous grandes estanques (chamados das Virtudes e das Vaidades), en ángulo co palacio e delimitados por muros de cantaría coroados por almenas e bólas de granito.
Entre os dous estanques hai unha ponte, e no centro dun deles sitúase un dos elementos máis famosos do pazo, unha illa artificial de pedra en forma de barca, plantada con hortensias e decorada con vasos de porcelana e dúas figuras de mariñeiros con canóns.
Un dos elementos máis famosos do pazo, é unha illa artificial de pedra en forma de barca, plantada con hortensias e decorada con vasos de porcelana e dúas figuras de mariñeiros con canóns.