O Museo Municipal de Ourense inaugura, dúas novas exposicións de Mónica Figueira. Baixo o seudónimo de Môf la sinvergüenza, a artista ourensá presenta ‘Or@perucita’ e ‘Taras’, dúas propostas diferentes entre si pero igualmente comprometidas nas que afloran os sentidos, a paixón, os medos, o sexo e a vida. Permanecerán na sala III (segundo andar) deste espazo expositivo até o 28 de abril. ‘Or@perucita’ é unha transgresión dos canons, unha volta de folla a ese personaxe feminino da nosa literatura infantil. Unha instalación para un non-conto feito a golpe de óleos…
Ver+Etiqueta: Museo Municipal de Ourense
Exposición ‘O paraíso nesta esquina’. Museo Municipal de Ourense
O Museo Municipal inaugurou a súa nova aposta expositiva: ‘O paraíso nesta esquina’, unha colectiva dos artistas Belén Padrón e Xosé Carlos Seoane que ocupará as salas 1 e 2 até o 17 de marzo. Na exposición mestúranse os lenzos de grande formato da artista ovetense, que xa expuxera no Municipal en 2013 -daquela con ‘El Gabinete de un aficionado’-, coas instalacións pictóricas de Seoane. Ambos, unidos pola súa amizade e pola paixón por ocupar espazos con arte, presentan unha particular versión do paraíso cheo de texturas e de elementos…
Ver+‘Metauniversos cotiáns’, Exposición de fotografía de Loly Villoch contra os micromachismos. Ourense
A fotógrafa coruñesa Loly Villoch presenta, no Museo Municipal, o seu proxecto expositivo de fotografía Metauniversos cotiáns, unha colección de 44 fotografías impresas en formato cartón-pluma a maiores dunha instalación en vitrina representando unha das escenas da fotografía e unha proxección da artista. Permanecerá na sala 1 do espazo expositivo da rúa Lepanto até o 10 de marzo, e está organizada coa colaboración da Fundación Cum Laude. O proxecto mergúllase nos metauniversos da muller, e vén acompañada por unha serie de paneis que queren darlle visibilidade ás desigualdades existentes en materia…
Ver+Outono Fotográfico Ourense
Foto: Ano 2012©Porgaliciabaixo
Ver+