Dez equipos participan na Liga de petanca 2019 do Concello de Pontevedra

A petanca ábrese paso no deporte pontevedrés. Hoxe a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, presentou xunto con Raimundo Argibay, portavoz do colectivo de xogadores -máis do 200 no municipio- e unha representación de deportistas a Liga de Petanca 2019 do Concello de Pontevedra. A competición arranca o vindeiro sábado 16 de marzo, no campo das Palmeiras, e estenderase até o 29 de xuño. Dez equipos participan na competición: O Mirador de Monte Porreiro Amigos de Campolongo Santo André de Xeve Centro Social de Pontevedra O Pote de Mourente O Carballo…

Ver+