Deportes acomete reparacións e melloras en distintas instalacións municipais de Ourense

Nas últimas semanas, o Consello Municipal de Deportes vén acometendo reparacións e melloras en distintas instalacións municipais.

Estas céntranse sobre todo no que refire a substitución de redes e equipamentos deportivos, pero que tamén abranguen traballos de albanelería e xardinería efectuados por persoal do Consello Municipal de Deportes dependente da Concellería de Deportes.

No Complexo Deportivo de Oira:

Retiraronse uns arbustos dun noiro, polo risco de caída no interior das instalacións

Reparouse un socavón nos accesos á grada desde a Rúa do San Silvestre.

Repararonse os peches do campo de fútbol que dan ó Paseo Fluvial de Oira.

Nas vindeiras semanas, se reparará o peche no lado da baixada ó Paseo Fluvial (lado das novas canchas de volei praia).

Na zona de Paseo Fluvial e dado este bo tempo se adiantaron os traballos de poda das árbores deste espazo.

Nas canchas deportivas de Covadonga, (sobre Rúa Apolo):

Instalouse unha nova canastra, retirando as móviles que existían orixinariamente polo risco que entrañaban.

Na cancha polideportiva de Seixalbo:

Renováronse peches e substituíronse taboleiros e aros por elementos antivandálicos.

Na cancha polideportiva de Santa Mariña:

Substitúese o peche da cancha, incrementando a altura do mesmo nun dos fondos para que non afecte á Asociación de veciños.

Tamén se procedeu á reposición de taboleiros na pista do Barbaña.

Por outra banda,  nestes días estanse efectuando melloras na  pista do “Peco”, a carón da Rúa Xose Luis López Cid, no barrio da Ponte.

Na cancha no Barrio da Inmaculada:

Nos vindeiros días melloraranse os peches.

Na cancha polideportiva de Santa Teresita:

Instalarase un peche no lado que dá ao parque infantil para que os cativos poidan xogar sen estar expostos a recibir golpes cos balóns.

Comparte!!!

Relacionados