Nova edición XV Xornadas para a Igualdade. Allariz

A concelleira de Benestar Social, Maribel Poisa, e a técnica de Igualdade, Ana Pérez, foron as encargadas da presentación na que explicaron a programación e os obxectivos das mesmas que xirarán arredor da convivencia “con vontade de cambio social”, explicaba a concelleira.

Baixo o eslogan “Por habitar e habitarnos dende o amable, amante, vivible e convivible” a programación, que se desenvolverá en varios espazos da vila dende o 7 ao 21 de marzo, centrarase na celebración de charlas, música, cine obradoiros para homes e mulleres e unha nova sesión da mesa de coordinación contra as violencias.

As xornadas  inauguraranse dun xeito especial, coa presentación da curtametraxe “As doulas existen, só hai que crer nelas!, un proxecto realizado coas asociacións veciñais de Nanín, O Mato, San Vitoiro, San Mamede e Santa Mariña no que explican o seu sentir como doulas. O programa púxose en marcha co obxectivo de formar a mulleres como figura de referencia ás que podan acudir aquelas persoas que estean en situación de violencia de xénero.  “Serven de apoio e ofrecen información a todas as mulleres que o precisen”.

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

Comparte!!!

Relacionados