Illa da Toxa

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga)–Wikipedia É a Illa da Toxa quizá a máis coñecida de Galicia polo seu balneario, o seu gran hotel, o seu casino, do mesmo xeito que polos seus xabóns e produtos de beleza. Está situada enfronte do Grove e unida a el por unha ponte de formigón de principios do século XX –de 1914 para ser máis concretos–. Desde que se saiba a illa pertencía ao Arcebispo de Santiago Don Alonso de Fonseca, pagando os veciños do Grove por poder pasar a ela e aprovisionarse…

Ver+

7 razóns para non perder as Rías Baixas: Festivais e turismo

Sempre existen máis razóns ca as musicais para acudir aos festivais. As actividades de lecer paralelas aos concertos constitúen unha oferta variada e alternativa para gozar do conxunto das Rías Baixas en todas as súas dimensións. Unha maneira de facer turismo de paisaxes, gastronomía e cultura que te sorprenderá. 1. As Praias Un dos grandes atractivos das Rías Baixas son as praias de area branca e fina coas súas tranquilas augas. É o caso de Praia América en Nigrán, un dos areais urbanos máis visitados, ou os areais de Vigo; tamén as calas accesibles por sendeiros do Parque…

Ver+

A Illa da Toxa Pequena

Foto: Wikipedia // Lameiro A Illa da Toxa Pequena é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada a levante da Illa da Toxa, da que a separa unha canle de medio quilómetro de ancho. Ten 10 hectáreas de superficie e é moi estreita e alongada (875 metros de norte a sur). Trátase dun illote baixo pero agreste, rochoso e cuberto de vexetación arbustiva. Importante banco marisqueiro e antigo lugar de pasto de gando. Aínda hoxe percórrena varios carreiros abertos polos mariscadores. Durante a Guerra Civil española foi lugar de refuxio dos perseguidos…

Ver+