Xornadas de portas abertas no CITA. Día Internacional dos Museos. Pontevedra

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, CITA, celebra co gallo do Día dos Museos -18 de maio- con tres xornadas de portas abertas. O acceso nestes días será gratuíto e regularase en función do aforo limitado da instalación.

As xornadas de portas abertas terán o seguinte horario:

  • Venres 17 de maio, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00
  • Sábado 18 de maio, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00
  • Domingo 19 de maio, de 10.00 a 14.00 horas

Ademais o propio Día Internacional dos Museos, o CITA acollerá un concerto do Seminario Permanente de Jazz, ás 20.00 horas.

O CITA ofrece unha nova visión do pasado da cidade do Lérez. Permite unha achega ao coñecemento sobre o que foi un dos monumentos máis emblemáticos da historia de Pontevedra, xunto coa ponte medieval e a igrexa de Santa María a Maior.

+INFO. CLICK AQUÍ

Comparte!!!

Relacionados