Foto: http://www.lacasadelatroya.com/ Alejandro Pérez Lugín (Madrid 1870 – A Coruña 1926) destacou pola súa faceta de novelista e xornalista. A súa nai era prima irmá de Rosalía de Castro, el mesmo estudou Dereito en Compostela e sempre foi admirador do país galego. Así pois, dentro da súa produción, Galicia está moi presente. Nesta terra ambientou títulos como Arminda Moscoso ou o conxunto de contos La corredoira y la rúa. Pero a súa novela máis louvada sería a primeira, que escribiu en 1915: La casa de la Troya. Este relato desenvolto…
Ver+Etiqueta: Paz Andrade
Sánchez Cantón para o Día de Santiago de 1936
Foto: Museo de Pontevedra Resulta practicamente descoñecido o feito de que Francisco Javier Sánchez Cantón, quen foi patrono fundador do Museo, ten obra en galego entre o grande volume dos seus traballos sobre os máis diversos temas. No arquivo documental custódiase a documentación que el lle legou no seu testamento. É por iso que conservamos correspondencia, guións de conferencias e mesmo algunha obra de creación literaria en lingua galega. Nesta sección queremos dar a coñecer un artigo que Valentín Paz Andrade lle pedira a Francisco Javier Sánchez Cantón para un número…
Ver+