Coincidindo co inicio da tempada alta, a Concellería de Turismo e Termalismo está a desenvolver accións de difusión e promoción turística en diferentes mercados obxectivos do destino Ourense. A campaña céntrase en presentar a nosa cidade coma un “destino onde deXconectar”, seguindo o lema presentado en FITUR a comezos de ano. Contempla accións publicitarias na Rede Nacional de Paradores, RENFE e Air Europa, todas con publicacións propias nas que Ourense estará presente nos meses de abril, maio e xuño. “Trátase dunha campaña na que facemos unha promoción por obxectivos moi…
Ver+Etiqueta: Termas de Outariz (Ourense)
Bo domingo!
Desde as termas de Outariz en Ourense… Bo Domingo!
Ver+Iluminación máis eficiente nos paseos termais de Outariz e a Chavasqueira. Ourense
Os paseos termais de Outariz e a Chavasqueira mellorarán a súa iluminación e eficiencia enerxética fruto do proxecto de colaboración entre o Concello de Ourense e a Deputación, que executará o ente provincial e que terá un orzamento de 48.000 euros. O proxecto de colaboración co ente provincial súmase ás actuacións coas que o Concello vén apostando neste mandato por reivindicar e recuperar os espazos termais situados á beira do río Miño, con inversións por importe de 533.838 euros que significaron unha total renovación da contorna. Desde xuño de 2015…
Ver+Mellora na eficiencia enerxética dos paseos turísticos – termais. Ourense
Foto©Porgaliciabaixo Os paseos turístico-termais nas ribeiras do Miño contarán cunha mellora da iluminación e da eficiencia enerxética grazas ao investimento de 48.000 euros contemplado no marco do Plan de Cooperación Provincial da Deputación de Ourense. Destinado a darlle valor a un dos nosos potenciais turísticos e de lecer e mellorar a experiencia dos usuarios, a reforma da instalación consistirá no subministro e instalación de novas luminarias viarias pechadas, de tecnoloxía LED, coa que se persegue ademais unha mellora ambiental mediante a redución de gases de efecto invernadoiro e un aforro económico importante.…
Ver+Ruta Termal Ourense Cidade
Foto©Porgaliciabaixo Ourense é auga, auga polos seus ríos, e auga polos seus manantiais termais. As dúas van da man neste caso; xa que existe unha senda peatonal duns cinco quilómetros, e esta só se atopa a uns minutos da cidade, e por suposto, tamén se pode acceder a ela andando. Este paseo ten unha contorna absolutamente privilexiada paralela ao río, entre praderas e frondosas arboledas, acompañadas polo son do Miño e salpicado este camiño polas diferentes termas e fontes termais. Partindo das proximidades da moderna Ponte do Milenio, chegaremos ao…
Ver+As Termas de Outariz
Foto©Porgaliciabaixo Situado nunha paraxe espectacular, á beira mesmo do Río Miño. Hai dous tipos de termas neste lugar, as pozas públicas e gratuitas e as privadas. As Privadas: Trátase dunhas instalacións de dúas plantas; na parte superior atópase situada a cafetería – restaurante, cunha gran terraza no exterior sobre as piscinas e con vistas marabillosas ao río, e con outra zona no interior do edificio. Nesta primeira planta tamén se atopan os vestuarios para os usuarios das termas, que na súa equipamiento inclúe taquillas, servizos e duchas. Na planta inferior…
Ver+Cor na noite nas Termas de Outariz – Ourense
Foto: Ano 2013©Porgaliciabaixo
Ver+