Novos achados no Castro de Santa Lucía en Castrelo de Miño

Foto: Facebook Castrelo de Miño

(Publicado 13 de setembro, 2016)

Localizan un lagar de viño de época galaicorromana
Un equipo do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT) finalizou a campaña no castro de Santa Lucía, no concello ourensán de Castrelo de Miño.

Entre os numerosos achados do castro destaca unha cabana circular de época castrexa pero tamén un lagar rupestre que puido ser datado en época romana pola aparición en contexto arqueolóxico, entre outros materiais, dunha moeda do século III d.C.. O achado é especialmente importante porque a maior parte dos lagares rupestres non se puideron datar ata o momento pola dificultade de atopar materiais que ofreceran unha cronoloxía.

O achado revela unha longa tradición do cultivo do viño na zona.

Fonte: Cultura Galega

Comparte!!!

Relacionados