A marcha nocturna a prol da doazón. Pontevedrada-2019

Pontevedrada 2019. Estamos na conta atrás da novena edición da camiñada “Agasalla vida” a prol da concienciación da importancia da doazón altruísta (de órganos, sangue, tecidos….) que promove a Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo) co soporte do Concello. A Pontevedra terá lugar o sábado 27 de abril e a estimación de participación ronda as 2.000 persoas.

“A Pontevedrada fala moi ben da organización que a promove e do compromiso dos pontevedreses, e non pontevedreses, coa doazón de órganos, de sangue…” indicou o alcalde Miguel Fernández Lores, quen hoxe presentou a marcha solidaria nocturna xunto a portavoz de Asampo. Francisco Pérez lembrou que cada ano son máis os participantes nesta camiñada solidaria.

A coincidencia no tempo da marcha até Santiago – que descorre polo Camiño Portugués- coa celebración do Mundial de Tríatlon e as obras na ponte do Burgo obriga a cambiar o lugar da saída e o percorrido do primeiro tramo da marcha. A Pontevedrada sairá ás 20.00 horas, por vez primeira, da praza do Concello en dirección rúa arcebispo Malvar, ponte das Correntes, Xunqueira de Alba para incorporarse xa á ruta xacobea.

Xa está a disposición das persoas inscritas os dorsais, que poden recollerse na Casa da Luz, os días laborais, en horario de 19 a 21 horas.

+INFO. www.asampo.org

Comparte!!!

Relacionados