Conferencia “Filosofía Medieval”. Ateneo de Ourense

Día 9, xoves, ás 20:00 horas: Conferencia “Filosofía Medieval” por Don Miguel Guerra Rodríguez.

Licenciado en Filosofía e CC da Educación, e en Psicoloxía.

Na sede temporal do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Progreso 30

O profesor realizará un repaso polas principais correntes da Filosofía Medieval tanto a nivel da Alta como da Baixa Idade Media con especial énfases nas dúas grandes figuras da Escolástica clásica europea:

Agustín de Hipona coa súa adaptación da teoría platónica ao pensamento cristián medieval e Tomás de Aquino co seu enfoque aristotélico que constituirá unha das grandes achegas da Escolástica a historia do Pensamento humano coa instauración do dialogo Fe-Razón cuxas disxuntivas estenderanse a través do Renacemento ata os albores da época Moderna.

Comparte!!!

Relacionados