Atópase ao norte de Tui na chamada Serra do Galiñeiro, posúe un perfil accidentando con altos como o de San Xiao a 629 metros, desde onde se pode contemplar un tramo importante do Río Miño ata chegar á súa desembocadura. Esta zona elevada de 746 hectáreas foi declarada Parque Natural o 4 de decembro de 1978, e serviu de refuxio e protección aos habitantes deste territorio en diferentes épocas da historia; así o testemuñan restos arqueolóxicos como as ruínas dunha muralla ciclópea do século V e dun poboado prehistórico (Alto dos Cubos), alí atopados.…
Ver+