Foto©Porgaliciabaixo Resume: En vista dos estudos realizados pódense formular con toda seguridade as concrusións siguentes: 1ºQue entre Baños de Bande e Santa Comba fronte o Pobo de Porto Quintela, existen na veira directa do Río Limia vestigios abundantísimos d’unha cibdade romano ou celto – romana, cuia manitude non podemos determiñar con esatitude para qu’a xuzgar pol-os ditos da xente do país e pol a gran extensión en que s’encontraron restos de muros, tellas e anacos de cerámica ten que ser considerable. 2ºQu’a dita cibdade debe ser importante por reunir en si…
Ver+Etiqueta: Florentino López Cuevillas
O Grupo NÓS
Coñécese así ao grupo de escritores que en 1920 fundaron a revista NÓS, que perviviu ata 1936. O grupo estaba composto entre outros por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Dieguez, Florentino López Cuevillas… Sobre o nome elixido para a revista, hai dúas teorías: Unha delas suscita que o nome foi escollido por Castelao, xa que ademais era o director artístico e o encargado de deseñar as portadas da publicación. A outra teoría que manteñen outros autores, explica que foi Vicente Risco quen optou por ese nome de cabecera,…
Ver+O Cenáculo Ourensán
Recibe o nome de cenáculo ourensán un grupo de autores que, naturais ou residentes na cidade de Ourense,posteriormente formarán parte (na súa maioría) do denominado grupo Nós. Os seus membros máis destacados foron Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Vicente Risco. O cenáculo ourensán supón a fase anterior ao galeguismo dos escritores citados. De feito, no caso particular de Vicente Risco, este pregaleguismo pode considerarse como antigaleguismo, posto que chegou a afirmar (na súa revista La Centuria, 1917) que “el que quiera ser leído que escriba en castellano”. De todos os xeitos,…
Ver+