Castañas Medievais

O autor Heitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974) é unha desas persoas con varias inquietudes, e a súa angueira reflexa paixón. É enxeñeiro técnico naval de profesión, aínda que tamén exerce de investigador, escritor e mesmo ilustrador de libros e publicacións periódicas. A súa obra xa é extensa, pero sobre todo mantén unha calidade evidente. Ten publicado en varias revistas especializadas e de divulgación e tamén en xornais, así mesmo escribiu contos infantís e varios ensaios, o último, anterior ao que vimos falar, trata sobre o Cuntis romano e é realmente…

Ver+

Música Galega: BRATH

Foto facilitada por el autor del artículo (O texto está escrito en español, respéctase o idioma de orixe) Allá por los 80 surge un grupo gallego de Lugo, que incorpora al folk gallego instrumentos que solo estaban reservados para el rock, como la batería y las guitarras eléctricas. Toda una revolución en la música de Galicia que inició un camino que poco a poco recorrerían la mayoría de los grupos gallegos. BRATH que nació con la clara intención de acercar a la gente joven a una nueva música gallega y…

Ver+

Nova Monografía e Xornadas sobre o Entroido

Imaxe: https://www.imosver.com/es/libro/antroidos-e-mascaras-na-galiza-rural_0010230307 O xornal Sermos Galiza edita «De Nós». Monografías con perspectiva galega. A número catro, saída o mes pasado, leva por título Antroidos e mascaras na Galiza rural. Este traballo, a cargo de Alfonso García Santos, supón unha atractiva publicación tanto no formato do libro, como no tocante ao seu contido para achegarnos a unha das celebracións máis variadas e singulares que temos, tinxida de rituais ancestrais. O Entroido galego posúe leis propias. Os seus variados ritos son cousa moi seria alí onde se producen. Os elementos que compoñen…

Ver+

O Primer Parque Temático da Historia. O Parque do Pasatempo (Betanzos)

foto: Wikipedia / Lameiro Este atípico parque (e máis naquela época), foi idea de Juan García Naveira , un indiano que fixera fortuna en Arxentina. O parque tiña inspiración enciclopédica, posuíndo unha liña pedagóxica. Cunha superficie aproximada de nove hectáreas, constaba dunha parte chaira cun gran xardín para recreo e lecer, con diferentes tipos de vexetación, paseos e estanques. A continuación, subindo a ladeira do monte, existían diferentes niveis, nas que se atopaban diferentes terrazas, nas que se podían gozar de diferentes relevos, estatuas e construcións, que revelaban acontecementos e…

Ver+

Pontevedra, no cerne da Asociación de entidades locais pola lingua

Pontevedra ocupará a secretaría deste novo colectivo que busca desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. Pontevedra é un dos 15 concellos que dende hoxe constitúen a Asociación de entidades locais pola lingua que ten como obxectivo desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. A sinatura formal deste novo colectivo integrado, tamén, por Santiago, A Baña, Ames, A Coruña, Teo, Ribadeo, Ferrol, Narón, Ponteceso, O Grove, Rianxo, Moaña, Vilagarcía, e Rois, celebrouse hoxe no Pazo de Raxoi. Na asemblea fundacional acordouse que a presidencia da Asociación…

Ver+

O primeiro amor de Picasso, unha ourensá coruñesa

Nas biografías de Picasso, adóitase falar de todos as súas mulleres, en moitos casos ou case sempre, coincidentes cos seus modelos; unha especie de relación sexo-arte apuntan algúns expertos na obra do xenial pintor. Pero é aquí onde nos detemos, para falar, ao parecer do primeiro gran amor de Pablo Picasso, sendo moi novo. A familia Ruiz Picasso residiu na Coruña desde os 9 aos 13 anos de vida do universal pintor, concretamente na Rúa Payo Gómez 14, actualmente Casa Museo de Picasso.   A estrutura da casa consérvase como cando vivían…

Ver+

“Eu en ti”; de Celso Emilio Ferreiro por Abe Rabade e Salvador Sobral

Eu xa te busquei cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procurei no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chamei cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namorei cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos,…

Ver+

A primeira publicación periódica publicada só en galego: O Tio Marcos d’a Portela

Placa colocada na casa onde se comezou a imprimir o xornal, na rúa Lepanto, 18, de Ourense.// Foto: P.Lameiro O Tio Marcos d’a Portela, foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega. Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos co pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel…

Ver+

Os bretones da Galicia: A Diocese de Britonia

Mapa: Wikipedia / Rubén Tarrío A diocese de Bretoña, debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos bretóns ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña. Compelidos polas invasións anglosaxoas, grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o século IV e VII, dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de Armórica, que acabará por tomar o nome actual de Bretaña, a consecuencia deste poboamento. É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes. Certos grupos deberon chegar até…

Ver+

Cando un home fai que a choiva sexa arte: O Mestre Mateo

Foto©Porgaliciabaixo É o mestre Mateo unha figura histórica máis de Galicia, rodeado dun halo de misterio e fascinación. Arquitecto e autor dunha das fachadas máis famosas da cristiandad: o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Con esta obra pretendíase que o peregrino cando rematase o seu camiño en Santiago logo de pasar por unha infinidade de pórticos na súa viaxe, achase no da Gloria o definitivo, quedándose impresionado o camiñante ante a grandiosidad escultórica e teolóxica que representa o conxunto, sendo xa para sempre símbolo da relixiosidade…

Ver+