Como se descobre o Sepulcro de Santiago e empeza a lenda

Foto. Furna de prata onde se cre que repousan os restos de Santiago o Maior, na Catedral de Santiago de Compostela/ Wikipedia/ Le Galicien  Pasaron os séculos en terras pagás, e o cristianismo quedou relegado e con el, a tumba do apóstolo escondida nos densos bosques que o rodeaban. Nos tempos do bispo Teodomiro foron vistas luces no bosque. O propio bispo foi a comprobalo persoalmente e no lugar do que parecía manar toda esta luminosidade, achou unha construción que no seu interior tiña unha tumba; inmediatamente comunicóuselle ao Rey Alfonso “O Casto”;…

Ver+

O Mosteiro de San Xoán de Poio e San Fructuoso

Foto. Claustro das laranxeiras./Wikipedia/  Jose Antonio Gil Martínez Atópase no municipio de Poio. Parece ser que foi fundado sobre o século VII grazas a San Fructuoso, sabéndose que utilizaban a Illa de Tambo como lugar de retiro. Foi protexido por diferentes reis, o que a fixo crecer e facerse máis poderoso. Creouse tamén aquí unha Escola de Teoloxía baixo o auspicio do mismísimo Carlos I. Esta escola foi un importante berce de grandes pensadores e políticos españois; pero coa desamortización esta acábase. A planta no presente podémola observar en forma rectangular…

Ver+

E ao final do camiño atopámonos con Diego Xelmirez en Compostela

Primeiro arcebispo de Santiago.  O seu nacemento no 1068 non se sabe moi ben se foi en Santiago de Compostela ou Catoira – era fillo de Gelmirio, cabaleiro e entón gobernador, ao servizo do bispo Diego Peláez, das Torres do Oeste en Catoira, polo que é posible que nacese nesta localidade – e falecido en Santiago en 1140 . É moi posible que desenvolvese os seus estudos en Francia, en París e crese que tamén en Cluny (Orde de Cluny), do mesmo xeito que na escola catedralicia de Santiago .  Sábese que tivo…

Ver+

Ruta e visita a Ponte Caldelas (Pontevedra)

¬VER MAPA EN GRANDE Saíndo de Pontevedra, collendo a PO-532 O Concello de Ponte Caldelas recibiu o seu nome seguramente da antiga ponte sobre o río Verdugo e das súas augas termais sulfuroso-sódicas. A vila foi patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Xelmírez privilexios e franquías. Conta a tradición que a famosa raíña Lupa ou Loba que perseguiu aos discípulos do Apóstolo Santiago foi natural desta vila ou residiu nela, o que se se puido constatar é que en 1.126 o rei Alfonso VII lle concedeu o título…

Ver+

Os Libros de Santiago

Foto©Porgaliciabaixo Hai tres libros que nos contan e relatan a historia sobre Santiago de Compostela, historias reais nuns casos, e lendas noutros. Así temos: 1- A historia compostelá, encargada polo bispo Diego Xelmírez, importantísima figura política e eclesiástica galega 2-.”A Lenda Dourada”; escrita por Santiago La Vorágine, arzobispo de Xénova (1228 – 1298). Este libro poderiamos dicir que foi un best seller da Idade Media, e está dedicado, sobre todo, á vida de santos. Sábese que ademais de latín foi traducido ao francés, provenzal, catalán, inglés, alemán, holandés, e iso dános unha idea do seu…

Ver+

Xelmírez e Compostela

Hai un dato que é incuestionable en Compostela, hai un antes e despois, e este prodúcese tras a figura de Diego Xelmírez. Creceu á sombra do bispo Diego de Peláez, quen tamén foi figura importante en Compostela e quen comezou coas obras da basílica románica en 1070, que posteriormente proseguiría o seu discípulo Xelmírez, quen sufraga con parte do seu patrimonio as costosísimas obras da catedral. Isto ao final terminará converténdose máis ben nun investimento, xa que coa construción da catedral asentaranse gremios na localidade e establecerase unha pequena burguesía,…

Ver+

San Rosendo

Celanova Fundador do gran mosteiro de Celanova (Ourense) proviña dunha familia nobre, e en terras do seu patrimonio construíu o famoso mosteiro. Foi bispo de Mondoñedo, con moi bos dotes de organizador, gobernador e pacificador. Tiña gran capacidade de mando e diplomacia, grazas a él suavizáronse os enfrontamentos entre os diferentes nobres galegos, ata conseguiu que se unisen para pelexar contra os mouros unha das veces que se conseguiron subir ata o Miño, e alí rexeitáronos. Tamén loitó contra as hordas viquingas que por aquela época arrasaban as costas galegas en concreto…

Ver+

Duas Irmás, Dous Territorios: Galicia – Portugal

O rei Afonso VI tivo dúas fillas. Dona Urraca (lexítima) e Dona Teresa (filla natural). As dúas casaron con dous curmáns, os Condes de Borgoña; Ramón con Dona Urraca e Enrique con Dona Teresa.   Don Ramón gustaba das belas artes e da poesía, e xunto con Urraca foron os vicerreis de Galicia, tendo como vila Calda de Reis (de aí o nome de Reis), e precisamente alí naceu o fillo de ambos Afonso Raimúndez o futuro Afonso VII. Teresa e Enrique gobernaban en Portugal no condado de Guimerans, terras…

Ver+