O Centro de coñecemento e innovación municipal La Molinera pon en marcha esta semana unha nova iniciativa: a aceleradora de mentes de creativa “eThinking19”. Co lema “Ideas que cambian cidades”, é un proxecto de 8 semanas de duración, que está dirixido a persoas con inquedanzas que desexen sumar ideas para mellorar a súa contorna e navegar a través da creatividade para xerar proxectos para a cidade.
Poderán participar colectivos sociais, axentes do ámbito da dinamización local, da cultura, a mobilidade, a educación e o comercio, que desexen achegar ideas e contribuír a pensar a cidade desde a creatividade e a innovación.
A actividade comezará o mércores, 20 marzo, ás 18.00 horas cunha Masterclass inaugural baixo o título “A arte de darlle ao coco”, a cargo de Modesto Gómez. En 120 minutos, desenvolveranse as principais técnicas da creatividade que innova de verdade.
As sesións dos días 27 de marzo, 3 e 10 de abril estarán centradas na aprendizaxe de técnicas creativas; e as tres últimas (24 de abril, 8 e 15 de maio) adicaranse a practicar técnicas de creatividade mediante xogos, para rematar cunha gala final. Os interesados en participar neste proxecto poden inscribirse na web de La Molinera