A Familia Churruchaos

Os Churruchaos foron unha desas familias nobres galegas, con máis poder e posesións  no reino de Galicia, alá polo século XIV. O seu nome deriva ao parecer de “Torrechanos”, a orixe desta familia estaba en Santiago de Compostela.

O Castelo da Rocha Forte, tamén coñecido como Castelo dos Churruchaos, é un xacemento arqueolóxico no que se atopa en proceso de escavación uno dos castelos medievais máis emblemáticos da mitra compostelá, e no que se constata un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 até 1467, ano no que foi destruído até os seus cimentos polos irmandiños na coñecida como Gran Guerra Irmandiña.

Foi o escenario de destacados feitos da historia de Compostela e, até a súa destrución, un símbolo do poder señorial do arcebispo de Santiago e a opresión exercida sobre os habitantes das terras pertencentes ao señorío.

Desde a súa destrución a súa pedra foi reutilizada en diversas construcións; con ela construíuse o castelo do Pico Sacro,  hoxe en día desaparecido, e outras construcións levadas a cabo na cidade de Santiago tras a sublevación contra o poder señorial, así como para a construción da propia catedral.

No século XX a construción da liña do ferrocaril supuxo a destrución dunha importante parte do xacemento. Tras un longo período de esquecemento por parte dos especialistas, no ano 2001 iniciáronse unha serie de escavacións arqueolóxicas co obxectivo de estudar o xacemento e o seu posterior posta en valor.

A Lenda dos Churruchaos.

A tradición popular transmitiu estes feitos recolleitos na actualidade en diversas formas:

“Hai moito tempo houbo un capitán que tiña unha filla moi fermosa e desexada por moitos homes. O capitán tivo que partir a guerrear a África, ocasión que aproveita o arcebispo compostelán para raptala, encerrándoa no Castelo da Rocha Forte. Nesta fortaleza habitaban os Churruchaos, unha banda de asasinos e ladróns que asaltaban e roubaban en toda a rexión protexidos polo arcebispo.

Tras ter coñecemento de todo isto, o capitán regresa a Santiago o día da festa do Corpus Christi, durante a celebración da tradicional procesión pola cidade; ao chegar á Rúa da Balconada o capitán no seu cabalo, e coa armadura posta, arremete contra o arcebispo coa súa espada dándolle morte alí mesmo, feitos que recolle unha copla popular:

“Preto da rúa do Villar,

na rúa da Balconada, mataron al arcebispo

por celos de una madama”.

A tradición di que, tras o crime, a rúa foi purificada con sal e pechada para sempre.

A continuación dirixiuse cara o Castelo da Rocha, cercouno e derrotouno, deixando nel a todos os churruchaos mortos entre as ruínas do castelo.

Complemento desta lenda é o devandito de que neste lugar vese, ás veces, unha galiña con pitos de ouro, chamada galiña dos Churruchaos e que só se deixa ver por un momento e nunca se lle volve a aparecer á mesma persoa”.

Foto: Wikipedia / Lansbricae

Debe resaltarse que os Churruchaos non foron os donos e autores dos desmáns senón inimigos do poder arzobispal e por tanto do castelo e os seus moradores.

A realidade sen lendas.

Os feitos reais que están detrás desta lenda ocorreron en 1366, tendo como escenario as loitas sucesorias entre Enrique II de Castela de Trastámara e Pedro I de Castela, o Cruel. Naquel entón rexía a sede compostelá Soro Gómez de Toledo. O rei visitaba Santiago de Compostela e o arcebispo recibiuno nas súas portas retirándose despois á Rocha Forte.

Os receos pola simpatía que profesaba o arcebispo cara a Enrique fai que decidisen asasinalo, citando ao bispo despois da sesta. Entrando á Praza do Obradoiro foi acoitelado por Fernán Pérez Churruchao e Alfonso Gómez Gallinato, en presenza do rei, espectador privilexiado desde as tórres da Catedral. Tratouse en realidade dun crime, en definitiva, motivado máis por intereses políticos que sentimentais.

Os recordos que recolle a tradición dos desmáns das xentes do castelo ocorreron previsiblemente desde a súa construción pero especialmente son lembrados os sucedidos na primeira metade do século XV e que tamén lembran as testemuñas máis vellas do Preito Tabera-Fonseca.

Por último debe resaltarse que os Churruchaos non foron os donos e autores dos desmáns senón inimigos do poder arzobispal e por tanto do castelo e os seus moradores.

Os Churruchaos en Pontevedra

O Palacio dos Churruchaos atopábase ao comezo da rúa Charino, nun solar situado entre as Torres Arcebispais e a porta de Santo Domingo, e foi destruído a principios do século. Non se puido atopar unha explicación á súa denominación, pero si se sabe que pertenceu aos Soutomaior.

Vídeo do Castelo da Rocha Forte


Fonte Texto: Wikipedia

Comparte!!!

Relacionados