IV Edición de Enxebre Swing Festival. Bueu (programa)

O festival ofrecerá actividades dirixidas a bailaríns de lindy hop (lindy hoppers), pero tamén actividades dirixidas a tódolos públicos. Ademáis de persoas das Rías Baixas, o festival acollerá asistentes de toda Galicia, Cantabria, Girona, Madrid, Zamora, Portugal e ata de Inglaterra e Holanda.

O festival arrica o xoves 16 de maio ás 18.30h cunha clase aberta de lindy hop no Paseo da Banda do Río de Bueu, impartida por Elena Branco e Jorge Patiño de Swing On School. Ese mesmo día, os asistentes poderán seguir bailando no mesmo lugar despois da clase aberta, e despois continuar a festa a partir das 22.00h no Aturuxo Bar, onde a selección musical irá a cargo de Swing On DJs.

O venres 17, e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, haberá unha pequena charla sobre cultura galega no Bar Leña Verde a partir das 12.00h, e as 12.30h , tocarán The Swinging Flamingos no Paseo da Banda do Río, onde o baile e a diversión están garantidos. Ese mesmo día haberá clases pola tarde para lindy hoppers, e pola noite, ás 22.30h a festa trasládase á carpa que se montará no Campo de fútbol A Estacada para a ocasión, esta vez para desfrutar da banda Madrid Hot Jazz Band. Para as persoas que cheguen puntuais, tamén dunha clase de iniciación ao Charleston que se impartirá ao inicio da festa. A festa prolongarase ata as 03.00h, e ademais de poder ver e bailar á banda de swing de Madrid, os asistentes poderán participar, ou ser testigos dunha competición de baile chamada Mix & Match, na que non é necesario saber bailar. Ademais da banda, a festa estará amenizada por DJs especializados en música swing.

O sábado 18, ademais das clases de baile para lindy hoppers, volverá a celebrarse outra festa ás 22.30h na carpa sitauda no Campo de Fútbol A Estacada, con concerto de Madrid Hot Jazz Band, e nesta ocasión cunha clase de iniciación ao Shag (baile swing) para as persoas que cheguen puntuais as 22.30h. A festa volverá a finalizar ás 03.00h e poderase desfrutar de DJs e a final da competición de baile Mix & Match.

O domingo 19 o festival continúa con clases para lindy hoppers, e esta vez unha festa no Aturuxo Bar a partir das 22.00 con DJs de swing, para seguir bailando e poñendo en práctica o aprendido durante toda a fin de semana.

O festival aínda continúa durante o luns 20 de maio cunha excursión a Ons con comida incluída para quen poida asistir e aínda teña forzas. Para a excursión é necesario facer reserva previa en enxebreswingfestival@gmail.com, o barco sairá ás 11.00h e voltará ao porto de Bueu ás 19.30h

+INFO. CLICK AQUÍ

Comparte!!!

Relacionados