En 1987 o Museo Provincial de Pontevedra organizaba unha mostra xunto co Musseé des Beaux-Arts de Brest sobre exvotos mariñeiros galegos e bretóns, a cal se puido gozar en ambas as cidades, primeiro na francesa a finais do devandito ano, e a comezos de 1988 na cidade do Lérez. Esta mostra foi a raíz da cal xurdiría unha dedicación por catalogar e analizar os exvotos, en todas as súas variantes, no ámbito galego. Xosé Fuentes Alende foi o encargado de realizar labores de pescuda para a exposición, quedando enfeitizado polo…
Ver+Categoría: 2. Idade Media (s.VI – s. XV)
A noite de San Xoán… A noite máis máxica
A noite de san Xoán é unha das festas antropolóxicamente máis importantes en Galicia, a noite do Lume Novo. Así por exemplo, celébrase na Coruña coas tradicionais fogueiras na praia do Orzán e na de Riazor, sendo esta a festa do san Xoán máis multitudinaria de Galicia e unha das máis multitudinarias de toda España. A noite de san Xoán na Coruña foi declarada festa de interese turístico internacional de España. Porén en todo o territorio é de tradición acender cacharelas e facer xantares populares onde as sardiñas, os cachelos…
Ver+Castañas Medievais
O autor Heitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974) é unha desas persoas con varias inquietudes, e a súa angueira reflexa paixón. É enxeñeiro técnico naval de profesión, aínda que tamén exerce de investigador, escritor e mesmo ilustrador de libros e publicacións periódicas. A súa obra xa é extensa, pero sobre todo mantén unha calidade evidente. Ten publicado en varias revistas especializadas e de divulgación e tamén en xornais, así mesmo escribiu contos infantís e varios ensaios, o último, anterior ao que vimos falar, trata sobre o Cuntis romano e é realmente…
Ver+Marín; dos petróglifos á Escola Naval
Ten antigas orixes, tense constancia de poboados celtas sobre o s.500 a. de C., na zona coñecida como “Porteliña”, miradoiro natural sobre o Val de Marín e a ría. Doutra banda nesta zona hai presenza de dólmenes importantes, algún con lenda ás súas costas, como o de “Casa dos Lobos” preto de Sobreira, no que se di que no seu interior había tesouros, lenda esta moi común relativa a dólmenes e os “mouros”. Doutra banda en Mogor tamén existen vestixios destas antigas orixes, e podémolos ver nos seus petróglifos; o máis…
Ver+Barro; entre capelas e muíños
Na foto San Martiño. Agudelo. Barro. As pegadas da antiga ocupación humana remítennos aos castros de Barro e Randulfe, ademais dos restos romanos da antiga Vía XIX. É necesario subliñar a igrexa de San Martiño de Agudelo, con notables restos tardorrománicos na ábsida (nun capitel represéntase un músico cunha zanfoña e unha viola) e na portada occidental, na que destaca a figura de San Martiño co Agnus Dei no seu tímpano. Débese destacar igualmente a igrexa de Santa María de Curro, con abundantes restos tardogóticos, así como a barroca de…
Ver+San Martiño Dumiense; o Apóstolo dos suevos (da Gallaecia)
Foto: Estatua de Martiño de Dumio en Braga, Portugal/ Wikipedia Naquela época había diferentes correntes evanxelizadora dentro do cristianismo, que convivían con pagáns, dentro do cristianismo habíaos que eran partidarios do arrianismo, outros galegos xa romanizados seguían a teoría de Prisciliano… E nisto chegou a Galicia San Martín Dumiense, e este San Martín está ligado ao de “Tours” pola figura do rei Carriarico. Segundo a narración de de o historiador da Igrexa Gregorio de Tours (538-594), Carriarico (rei de Galicia entre os anos 550 e 559); tiña un fillo que sufría lepra, e…
Ver+Baiona, Unha Vila “Real”
Foto: Wikipedia / Alma de gl Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e o Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas a concesións reais e á súa condición de pobo de realengo, tal e como reza o seu nome completo: Baiona A Real. Ese prestixio pasado explica por que este foi o punto ao que Martín Alonso Pinzón arribou en primeiro lugar tras a volta do descubrimento…
Ver+Faladoiros para amosar a importancia da cultura do viño en Galicia. Feira do Viño do Ribeiro
A Feira do Viño do Ribeiro presenta as conferencias científicas e relatorios cos que se pretende poñer en valor o legado histórico do viño do Ribeiro tanto en Galicia como a nivel internacional. Terán lugar a semana previa á Feira do Viño do Ribeiro en diferentes puntos singulares e importantes na historia vitivinícola do Ribeiro e de Galicia. Estes relatorios, enmarcados dentro da Feira do Viño do Ribeiro, coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia, teñen como fin dar a coñecer o mundo da viña e do…
Ver+Un gran mural con 22 nomes de mulleres. O “mapa violeta” de Pontevedra
“22 nomes de muller, unha vintena de actividades, oficios e colectivos (mariscadoras, palilleiras, tendeiras, labregas, peixeiras, etc) cunha mirada de xénero pero tamén de clase… cinco séculos de historia da cidade” definen o gran mural proxectado nun edificio de veciños, situado entre as rúas Joaquín Costa e Poza dos Canos, preto do parque Amalia Ma Álvarez. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, presentou hoxe a nova proposta do programa municipal “A memoria das mulleres” que traballa dende hai cinco anos para coñecer e recoñecer a historia das mulleres de…
Ver+Como se descobre o Sepulcro de Santiago e empeza a lenda
Foto. Furna de prata onde se cre que repousan os restos de Santiago o Maior, na Catedral de Santiago de Compostela/ Wikipedia/ Le Galicien Pasaron os séculos en terras pagás, e o cristianismo quedou relegado e con el, a tumba do apóstolo escondida nos densos bosques que o rodeaban. Nos tempos do bispo Teodomiro foron vistas luces no bosque. O propio bispo foi a comprobalo persoalmente e no lugar do que parecía manar toda esta luminosidade, achou unha construción que no seu interior tiña unha tumba; inmediatamente comunicóuselle ao Rey Alfonso “O Casto”;…
Ver+O Mosteiro de San Xoán de Poio e San Fructuoso
Foto. Claustro das laranxeiras./Wikipedia/ Jose Antonio Gil Martínez Atópase no municipio de Poio. Parece ser que foi fundado sobre o século VII grazas a San Fructuoso, sabéndose que utilizaban a Illa de Tambo como lugar de retiro. Foi protexido por diferentes reis, o que a fixo crecer e facerse máis poderoso. Creouse tamén aquí unha Escola de Teoloxía baixo o auspicio do mismísimo Carlos I. Esta escola foi un importante berce de grandes pensadores e políticos españois; pero coa desamortización esta acábase. A planta no presente podémola observar en forma rectangular…
Ver+