San Martiño Dumiense; o Apóstolo dos suevos (da Gallaecia)

Foto: Estatua de Martiño de Dumio en Braga, Portugal/ Wikipedia

Naquela época había diferentes correntes evanxelizadora dentro do cristianismo, que convivían con pagáns, dentro do cristianismo habíaos que eran partidarios  do arrianismo, outros galegos xa romanizados seguían a teoría de Prisciliano… E nisto chegou a Galicia San Martín Dumiense, e este San Martín está ligado ao de “Tours” pola figura do rei Carriarico.

Segundo a narración de de o historiador da Igrexa Gregorio de Tours (538-594), Carriarico (rei de Galicia entre os anos 550 e 559); tiña un fillo que sufría lepra, e decatándose da fama “ milagreira” de San Martín de Tours– evanxelizador en Francia que compartiu o seu manto cun mendingo – ; enviou unha comitiva con presentes e tesouros ao sepulcro do santo e ademais construíu unha igrexa en Ourense en encomio a el, a que logo sería a catedral e única en España dedicada a San Martín de Tours. San Martiño como se lle chama cariñosamente en Ourense (patrón da cidade).

Pero o seu fillo seguía sen sanar, entón preguntou que diferenza había entre a relixión súa e a do santo, xa que el actuara con gran devoción. Explicáronllo e entón comprendeu e abandonou o arrianismo para facerse católico, sanando así ao seu fillo.

Foto©Porgaliciabaixo. Catedral de Ouernse

E agora é cando enlazamos con San Martín Dumiense, que chegou grazas aos enviados de Carriarico. O sobrenome de “ Dumiense” Vénlle pola sede de Dumio o Mosteiro en Braga. Evanxelizou totalmente Galicia e ata conseguiu a conversión da familia real.

Membro dunha importante familia romana da antiga provincia de Panonia (actual Hungría). Ingresa pronto no clero e moi novo trasládase a Palestina a visitar os Santos Lugares. Alí reside durante varios anos e entra en contacto co florecente movemento monástico que se desenvolve nas montañas de Xudea.

Sen coñecerse exactamente a razón, talvez por tratarse Gallaecia dun reino cristián independente de Roma pero fora do catolicismo, decide trasladarse ao Reino dos suevos – ao que en principio refírese como Finis Terrae-, cuxa clase dirixente era en gran parte arriana. Na súa viaxe pasa algún tempo nas Galias e chega á Gallaecia en torno ao 550. Entón a antiga cidade romana de Bracara Augusta (a actual Braga, en Portugal), capital da provincia romana de Gallaecia, pasa a converterse na capital do reino suevo.

Alí traballa varios anos como presbítero e como monxe. Funda un mosteiro en Dumio,​ próximo a Bracara Augusta, a capital do Reino, xunto á igrexa que, tras a súa conversión ao catolicismo, o rei suevo Carriarico dedicara a san Martín de Tours. Pronto o mosteiro de Dumio convértese no principal centro de difusión de cultura e espiritualidade cristiá de orixe oriental no norte da Península Ibérica, xa que os seus monxes tiñan encomendada a copia de códices, moitos posiblemente traídos polo mesmo san Martín de Oriente.

Pouco tempo despois, Lucrecio, arcebispo de Braga, crea a diocese de Dumio en torno ao recentemente creado mosteiro, e consagra a Martín como o seu primeiro bispo ao redor de 556. A influencia de Martín ante a corte sueva é moi grande e logra que o rei Teodomiro abxure do arrianismo e bautícese católico en 560, atraendo con el á maior parte do reino suevo.

Reorganizou a Igrexa Galega, foi crucial na organización dos concilios de Braga e Lugo. Escribiu un tratado titulado “De Correctione Rusticorum”, no mesmo recolle o que el ve como supersticiones de Galicia de orixe celta mesturadas con ideas e reminiscencias priscilianas.

Contribuíu á vertebración do territorio coa estrutura parroquial reflectida no Parochiale suevorum. A desconcentración de funcións combinada cunha estrutura xerárquica de poder que converxe nos bispados dá estabilidade e prosperidade ao conxunto do Galliciense Regnum.

Non existía un bispo similar ao bispo San Martín na súa época, evanxelizador, bispo, escritor e reorganizador da nación sueva de Galicia, dando gran prestixio á sede de Braga e a Galicia, todo iso sen moverse do Mosteiro de Dumio que fundou e no que morreu.

Foi sepultado na basílica de San Martiño de Dume. Para si mesmo compuxera o seguinte epitafio:

Nacido en Panonia, atravesando bastos mares, impelido por sinais divinos para o seo de Galiza, sagrado bispo nesta túa igrexa, oh Martiño confesor, nela instituíu o culto e a celebración da misa. Téndote seguido, oh patrono, eu, o teu servo Martiño, igual en nome que non en mérito, repouso agora aquí na paz de Cristo.

Comparte!!!

Relacionados