Libro sobre Cruceiros de Combarro

Foto: Mateo Fontán Couto Presentouse o pasado mes de decembro no Casal de Ferreirós de Poio unha nova monografía sobre cruceiros, esta vez ocupándose dos do Conxunto Histórico Artístico de Combarro. O libro foi editado polo Concello de Poio coa autoría de Andrés Dacosta Paz. Trátase doutra ollada sobre o rico patrimonio cultural de Combarro, complementando anteriores publicacións, máis ou menos recentes, coma a Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro escrita por Rafael Vallejo e publicada pola Deputación de Pontevedra en 2017. Nas setenta e dúas páxinas da obra…

Ver+