O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abrirá as portas da súa décima edición este domingo, día 12 de maio ás 20:00h. Baixo o tema central “Xardíns de Cine”, o Festival, que poderá ser visitado ata o 3 de novembro, alberga doce xardíns efémeros seleccionados entre 37 propostas recibidas dende diferentes puntos da xeografía mundial. Destes doce, dez xardíns entran en concurso a través da votación do público que visita anualmente o recinto. Móstranse, ademais, o xardíns gañador do ano pasado, o portugués Forbidden Garden e o xardín deseñado polo…
Ver+Etiqueta: Festival Internacional de Xardíns de Allariz
O festival de Xardíns de Allariz ponse en marcha para a Décima Edición de “Xardíns de Cine”
Foto: Concello de Allariz Os operarios municipais do Concello de Allariz xa comezan a traballar na construción das doce parcelas que, baixo o lema “Os xardíns de Cine”, integrarán a futura edición. Primeiramente encárganse de desmontar os xardíns do ano 2018 para continuar coa preparación das parcelas que formarán parte da décima edición do Festival de Xardíns de Allariz, que abrirá no próximo mes de maio.
Ver+O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abre as súas portas á Edición da Memoria
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz inaugura, este sábado día 13 de maio, una nova edición na que os visitantes poderán gozar de novas creacións efémeras, adicadas, este ano, á Memoria. Baixo o tema “Os Xardíns da Memoria, esta oitava edición congrega a paisaxistas internacionais con propostas novidosas no sector chegadas dende Galiza, Madrid, Brasil, República Checa, Austria ou México. Os técnicos municipais son os encargados de executar a instalación dos dez xardíns efémeros e están a traballar para que estean listos para a inauguración. Durante seis meses lucirán…
Ver+