A Corporación de Bueu aproba unha declaración de apoio á veciñanza da Illa de Ons

A corporación local de Bueu aprobou na sesión plenaria celebrada este luns no Centro Social do Mar unha declaración institucional de apoio á veciñanza da Illa de Ons, para reivindicar o seu libre acceso á Illa. Na moción, aprobada por unanimidade tras ser consensuada nunha Xunta de Voceiros e nunha reunión coa veciñanza, acordouse esixir á Xunta de Galicia o recoñecemento das veciñas e veciños de Ons e o seu círculo e entorno familiar como elementos fundamentais de Ons, comprometéndose a garantir o exercicio dos seus dereitos, entre os que…

Ver+

Bueu levará o asunto do cupo de Ons ao pleno

O goberno local convocou unha nova reunión coa veciñanza, que terá lugar o 3 de maio ás 18.30 h no Centro Social do Mar A problemática sobre o cupo de Ons e a necesidade de que del quede excluída a veciñanza será un dos asuntos a tratar na próxima sesión plenaria do 6 de maio, última da presente corporación. Así se acordou este luns na xuntanza mantida entre o goberno local bueués e os veciños e veciñas da Illa, na que mostraron a súa unidade para reivindicar “o noso acceso…

Ver+

O Concello de Bueu da o seu apoio aos veciños de Ons e remite un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Foto: Wikipedia // Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) Félix Juncal, alcalde de Bueu, remitiu este luns un escrito dirixido a Ana Belén Do Campo, Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, na que solicita que se reconsidere a decisión de aplicar as restricións do cupo de visitantes ás familias de Ons e ao seu entorno. Esta petición acordouse na reunión mantida o pasado venres cos illáns e illás, na que o goberno local mostrou todo o apoio ás súas demandas e explicou os pasos dados desde o Concello de…

Ver+

Bueu convoca unha reunión coa veciñanza da Illa de Ons

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, convoca a todas as veciñas e veciños da Illa de Ons a unha reunión que se celebrará o vindeiro venres, 12 de abril, ás 18.30 h no salón de plenos da Casa Consistorial. O motivo da xuntanza é escoitar as demandas da cidadanía e explicar os trámites que o Concello leva a cabo para defender os intereses sociais neste espazo. Juncal mostra o seu malestar pola falta de “lealdade institucional” da Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Ana María López, quen…

Ver+

Illa da Toxa

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga)–Wikipedia É a Illa da Toxa quizá a máis coñecida de Galicia polo seu balneario, o seu gran hotel, o seu casino, do mesmo xeito que polos seus xabóns e produtos de beleza. Está situada enfronte do Grove e unida a el por unha ponte de formigón de principios do século XX –de 1914 para ser máis concretos–. Desde que se saiba a illa pertencía ao Arcebispo de Santiago Don Alonso de Fonseca, pagando os veciños do Grove por poder pasar a ela e aprovisionarse…

Ver+

7 razóns para non perder as Rías Baixas: Festivais e turismo

Sempre existen máis razóns ca as musicais para acudir aos festivais. As actividades de lecer paralelas aos concertos constitúen unha oferta variada e alternativa para gozar do conxunto das Rías Baixas en todas as súas dimensións. Unha maneira de facer turismo de paisaxes, gastronomía e cultura que te sorprenderá. 1. As Praias Un dos grandes atractivos das Rías Baixas son as praias de area branca e fina coas súas tranquilas augas. É o caso de Praia América en Nigrán, un dos areais urbanos máis visitados, ou os areais de Vigo; tamén as calas accesibles por sendeiros do Parque…

Ver+

Fai turismo mirando estrelas

O Rañadoiro de Pena Trevinca- foto do Concello da Veiga Antes, só aqueles que posuían un telescopio ou visitaban un observatorio podían observar en toda a súa plenitude a beleza do universo. Por sorte, desde fai uns anos, gozar do patrimonio celeste é un plan accesible grazas aos esforzos de institucións como a fundación Starlight. España, con varias zonas que destacan pola calidade do seu ceo, é un dos destinos idóneos para practicar o astroturismo, un sector emerxente que aúna a ciencia co desenvolvemento rural sostenible. En Galicia contamos con dous…

Ver+

Parque Natural das Illas Atlánticas

Foto©Porgaliciabaixo Cando falamos das nosas illas, poderiamos dicir que estamos falando de “as xoias da coroa”. Terra emerxente no Atlántico, desde o norte ata o sur da provincia de Galicia:Sálvora, Noro, Vionta, Herbosa e Sagres, Municipio de Ribeira na provincia da Coruña; o arquipélago de Cortegada (Illa de Cortegada, Malveiras e Briñas), fronte á localidade de Carril, no Municipio de Vilagarcía de Arousa;Ons e Onza ou Onceta (Municipio de Bueu) e as Illas Cíes (Municipio de Vigo), todas estas últimas xa na provincia de Pontevedra. Este grupo de illas constitúen O Parque Natural e Nacional…

Ver+

O Faro da Illa de Ons

No cume do monte Cucarno, o punto máis alto da illa máis grande do arquipélago, construíuse o faro de Ons, que se acendeu por primeira vez en abril de 1865. Un faro de 5º orde situada na parte máis elevada, a 22,5 metros da punta norte da illa, na embocadura da ría de Pontevedra. Funcionou durante trece anos cunha lámpada de aceite a émbolo que logo foi substituída por unha Maris para petróleo dunha mecha. O Plan para a Reforma da Iluminación de 1902 supuxo para unha gran cantidade de…

Ver+

O Faro da Illa de Sálvora

O faro de Sálvora está instalado nunha torre octogonal xunto a un edificio de mampostería, con forma de U. O seu alcance é de 21 millas e a súa luz é branca. Na actualidade o faro aliméntase de enerxía solar, xa que no espazo interior do edificio instaláronse paneis solares. Sálvora contou cunha pequena luz local desde o primeiro terzo do século XIX. Estaba situada no sur da illa, no saínte coñecido como Punta Besugueiros. Nese mesmo punto, alzouse logo o faro proxectado por Celedonio de Uribe, que constaba dun…

Ver+

A Illa de San Simón

A Illa de San Simón está moi próxima á costa, tanto que case se pode ir andando a ela cando a marea está baixa. Está situada fronte a Arcade, no Municipio de Redondela, na ensenada que leva o seu nome; A Ensenada de San Simón, na parte interna da Ría de Vigo. En realidade son dúas illas, a grande é San Simón e a pequena é a de San Antonio. Posúe unha historia un tanto peculiar, foi un antigo centro de templarios, franciscanos e benedictinos ata 1830. Sufriu toda esta zona saqueos de diferentes…

Ver+