Pontevedra participa dende o luns nos foros da OCDE en Atenas

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, trasládanse mañá á Atenas, en representación do Concello, para participar o luns e o martes na 4a reunión de Champions Mayors da OCDE e na 7a mesa redonda de alcaldes e ministros da OCDE, respectivamente.

Nunha xornada e media de traballo, a delegación pontevedresa desenvolverá unha intensa axenda internacional con reunións e intervencións nos foros pechados da OCDE, así como un encontro cos alcaldes convidados para abordar o futuro da UE, unha entrevista bilateral co alcalde de Athenas, Georgios Kaminis, ou participar nunha entrevista para a canle oficial da OCDE, ademais doutros convites protocolarios.

Pontevedra compartirá protagonismo nestes foros xunto ao outros moitos alcaldes europeos, americanos, asiáticos e africanos como Bolonia, Braga, Budapest, Glasgow, Liubliana, Reikiavik, Rotterdam, Sevilla, Sinta, Umea (Suecia), Mérida (México), Quillota e Renca (Chile), Santa Mónica (USA), Thetford Mines (Canadá), Fukuoka e Toyama (Xapón), Distrito Leste de Singapur, Chauen (Marrocos). Aos que se sumarán outros representantes doutras localidades.

Comparte!!!

Relacionados