A festa máis festa de Ourense: O Entroido

Foto©Porgaliciabaixo

Se falamos de Entroido en Ourense, falamos da festa por excelencia da capital e da provincia. Estes entroidos son famosos en toda España e mesmo a nivel internacional.

O entroido arrinca en distintas datas, segundo en que localidades, así temos, por exemplo, que en Manzaneda comezan sobre o día de San Mauro (15 de xaneiro), mentres que en Caldelas e Xinzo farano en torno ao día de San Sebastián (20 de xaneiro).

Nestas datas fanse desfiles de máscaras polas noites nestes pobos.

A continuación virán:

-O domingo fareleiro (farelo=salvado, a cáscara do cereal, trigo, centeo etcétera); despois vén o xoves de compadres, o domingo corredeiro, o xoves de comadres, o domingo de entroido, o luns e martes de entroido, o mércores de cinza…e para rematar o enterro da sardiña e o domingo de piñata.

Ao domingo fareleiro chámaselle tamén de Septuaxésima, e está baseado na celebración da lúa nova, na última do inverno.

-O domingo oleiro ou de Sesuaxésima celébrase de varias maneiras, rompen potas de barro, e di a tradición que o que deixe caer a pota de barro debe convidar a unha pota de viño.

-No xoves de compadres a tradición é a seguinte: as mulleres fan un boneco de palla e papel e vístenos de tal modo que se asemelle a un home, sácano de paseo e máis tarde quéimase na praza do pobo, cidade e se é nunha aldea na eira.

-No domingo corredoiro nalgúns lugares faise a corrida do galo.

-O xoves de comadres é á inversa que o de compadres

-No domingo gordo ou grande, o luns e o martes de entroido, non  hai normas sociais e a xente sae disfrazada, moitos se cambian de disfrace até tres veces ao día, fanse ceas e comidas de amigos (días de grandes cocidos, de lacón con grelos e sobremesas con as filloas e orellas), reina  a festa con música, charangas, comparsas etcétera.

Nas rúas da zona histórica da cidade de Ourense hai verbenas de entroido, con miles de persoas celebrándoo.

Por suposto todas estas festas teñen as súas peculiaridades en cada pobo ou localidade, famosos son o entroido de Xinzo, Laza e Verín, coas súas “pantallas” e os seus ” peliqueiros”.

-O mércores de cinza, a xente despídese dos excesos, é tempo de abstinencia.

-Para rematar o enterro da sardiña, que simboliza o fin do inverno. A procesión ou cortexo fúnebre percorre as rúas, ao final o cadaver simbólico da sardiña é queimado.

Comparte!!!

Relacionados