Novo pliego para contratar a Banda Municipal de Música de Ourense

O novo pliego técnico para contratar a Banda de Música de Ourense, xa está redactado e listo para iniciar o procedemento de contratación.

Trátase do terceiro procedemento administrativo que se realiza neste mandato municipal para contratar este servizo dun xeito acorde á legalidade vixente, logo de que os dous anteriores quedasen desertos: en 2016 só se presentara unha proposta que non cumpliu coa esixencia de acreditar a experiencia dos seus músicos; e ao no seguinte, en 2017, presentáronse tres propostas, das que unha non cumpriu os requisitos técnicos, outra non presentou a documentación requerida en tempo e forma, e a terceira declarouse insolvente.

“Desde o minuto un deste mandato quixemos regularizar a situación da Banda Municipal, e non cesamos no empeño de acadar este servizo dun xeito legal e ordeado”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad.

Comparte!!!

Relacionados