A Don Ramón Otero Pedrayo, no aniversario do seu falecemento (Corenta anos)

De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra./ Foto: Wikipedia

O día 10 de abril fixo 40 anos da morte de Don Ramón Otero Pedrayo, escritor, político e intelectual galego, membro dá Xeración Nós, patriarca das letras galegas. En 1988 dedicóuselle o Día dás Letras Galegas.

A nosa particular homenaxe, é reproducir a crónica publicada en NÓS, do día que ingresou na Real Academia Galega, o 9 de decembro de 1929.

Publicado en NÓS;  BOLETÍN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
AnoXII  Nº 73 – Ourense 15 de Xaneiro de 1930

OTERO PEDRAYO NA ACADEMIA GALEGA O día 9 de Nadal tivo lugar na Cruña, no salón do Circo d’Artesáns, o solene acto da recepción do noso ilustre e benquerido compañeiro Ramón Otero Pedrayo, na Real Academia Galega.
Presideu o da Corporación, Eladio Rodríguez González, e coil tiñan posto no estrado os Académicos de númaro Sres, Lugrís Freire, Pérez Barreiro, Estrada Catoira, Carré Aldao, Castillo e o noso Direitor Vicente Risco, encarregado de responder ao discurso do recipendario. O salón estaba cheo d’un distinto e escolleito púbrico, antr’o que figuraban moitos Académicos correspondentes, persoalidades da inteleitualidade e da boa sociedade cruñesa.
Foron desiñados pra acompañar ao estrado ao novo Académico, os numerarios Sres. Lugrís e Carré.Otero Pedrayo non pudo dar leitura senón a algús anacos escolleitos do seu volumoso e intresantismo discurso, no que fai un cumplido estudo, fortemente documentado do movemento romántico en Galiza, que desenrola arredor das tres figuras destacantes de Pastor Díaz, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro, cuia obra coñece ben a fondo. O discurso d’Otero Pedrayo non é somentes a obra d’un erudito, senón d’un pensador e de d’un artista; non é somentes un traballo d’historia literaria, senon tamen d’historia das ideias, con fonda compresión do seu sinificado histórico e eterno.
Nil aséntanse craras definiciós e afirmanzas en col da entrana do Romanticismo e das suas orixes, da difrenza antr’a y-alma clásica e a y-alma romántica, do sentimento da peisaxe e da terra, da saudade, do atlantismo e d’outros moitos problemas que hai tempo an’an antre nós suxetos a porfía, e que hoxe non queremos eiquí desflorar, ata qu’o discurso se pubrique e os galegos que pensan ou sinten inquedanzas, poidan coñecer direitamente a sua doutriña, que n-un resume coma iste poderíamos dar desfigurada. Porque non é cousa pasaxeira, e de momento, o traballo académico d’Otero Pedrayo, senon de duranza e que ha de ter influenza no pensamento galego. Na resposta de Vicente Risco faise un estudo sintético e breve, anque cumplido, da persoalidade centífeca e literaria, tan rica e polimorfa do novo Académico e da sua obra. O acto resultou ben solene e lucido. Ao outro día obsequiaron a Otero e a Risco c’un almorzó íntemo no Kiosko Alfonso, moitos académicos e algúns amigos, escritores e colaboradores da Editoral NÓS.

→LER OU DESCARGAR O DISCURSO DE OTERO PEDRAYO NO INCRESO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Membros do Seminario de Estudos Galegos, en 1928, nas Ruínas de San Domingos de Pontevedra. De esquerda a dereita: De pé: Otero Pedrayo, Losada, López Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira Valverde, García Paz, Pintos Fonseca, Fraguas e Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Parga Pondal, Moralejo Laso, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás. // Foto: Wikipedia

Discurso íntegro de Ramón Otero Pedrayo na coroación poética de Ramón Cabanillas, celebrada en Padrón na Pascua de 1958. Audio cedido pola Fundación Otero Pedrayo e fotos do arquivo de Camilo Agrasar Vidal.

Comparte!!!

Relacionados