Prensa Galega: “La Zarpa”

Foto: Bibliotecas de Galicia

La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936.

Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres.

O diario tivo problemas coa censura durante a ditadura de Primo de Rivera ata o punto de suspender a súa publicación durante varias xornadas en 1926 e mesmo a mudar temporalmente o seu nome polo de El Agro.

Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Antonio Rey Soto.

En abril de 1925 o xornal ampliou o seu formato introducindo con frecuencia gravados, fotografías, páxinas especiais e máis publicidade. Ademais ampliou o número de páxinas a oito.

En1929, sendo director José López Requejo, volveu a reducir o tamaño do xornal pero ampliou o número de páxinas a doce.

Nos seus primeiros anos de existencia levou a cabo unha intensa campaña anticaciquil e en prol da redención dos foros que os campesiños tiñan que pagar aos propietarios das terras.

O diario tivo problemas coa censura durante a ditadura de Primo de Rivera ata o punto de suspender a súa publicación durante varias xornadas en 1926 e mesmo a mudar temporalmente o seu nome polo de El Agro.

La Zarpa recibiu con ledicia a chegada da Segunda República en 1931 e serviu de portavoz ao seu fundador Basilio Álvarez, deputado durante ese período polo Partido Radical. Durante estes anos tamén sufriu suspensión temporal pola censura.

En xullo de 1936 os falanxistas aprópianse da redacción e taller do xornal que continúa a publicarse polo menos ata principios do mes de agosto pero xa con consignas franquistas e simboloxía falanxista.

Fonte: Wikipedia

Comparte!!!

Relacionados