Campa Verán 2019. Poio

Aberto o prazo de inscrición para o Campa Verán 2019, actividade dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Isidora Riestra e no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos, na que ofrecemos unha alternativa de ocio aos/ás máis cativos/as durante as vacacións estivais, ademais de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. O horario amplíase respecto ao ano anterior, pasando a ser de 7:30 a 15:00 horas.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro do Concello xunto coa documentación requirida antes do 14 de Xuño.

Máis información: Folleto Folla Inscrición

Tel.: 986 770 001 Ext. 1214 (luns a xoves de 9 a 13 horas) – 698 146 008 (luns a venres de 16 a 18 horas) ou deportes.poiomovese@concellopoio.gal

Comparte!!!

Relacionados