Os Petróglifos de Mogor nas Guías Petite Futé. Marín

Na edición de 2019, novamente a guía de viaxes francesa Petite Futé selecciona o Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor como un dos lugares que recomenda visitar, neste caso na edición dedicada a Galicia-Asturias-Cantabria-Castela e León. Os visitantes franceses soen ser cada ano un dos grupos máis numerosos de entre os turistas estranxeiros que se achegan a coñecer estes famosos petróglifos.

E na próxima Semana Santa, o CIP Mogor voltará a abrir as súas portas de xeito continuo, dende o sábado 13 ao domingo 21 de abril, todos os días en horario de 11:30 – 13:30 h. e de 17:00 – 20:00 h., polo tanto 5 h. diarias. Ademais os visitantes disporán de dúas opcións de visita guiada de 30 minutos de duración nese horario: pola mañá ás 12:30 h. e pola tarde ás 19:00 h. Para este primeiro fin de semana da apertura a previsión é de tempo soleado, perfecto para desfrutar destas manifestacións culturais prehistóricas ao tempo que dun paseo pola beira da fermosa praia de Mogor.

Comparte!!!

Relacionados