O paisaxista José Souto impartirá mañá 10 de abril o seu segundo e último obradoiro sobre “O coidado das plantas e ornamentación de balcóns” , unha actividade que forma parte do programa Ponteguapa que promove a Concellería de Parques, Xardíns e Medio Ambiente Natural para dálle a benvida á primavera.
O obradoiro terá lugar nos xardíns do doutor Marescot (fronte a Facultade de Belas Artes) ás 18 horas e ten unha duración aproximada de dúas horas. No caso de que chova a cita trasladarase á Casa da Luz, mantendo o horario.