Presentación do programa da 56ª Feira do Viño do Ribeiro en Ourense

No acto que tivo lugar onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense,  interviron: Ignacio Gómez, Alcalde do Concello de Ribadavia; Juan Casares, Presidente do CRDO Ribeiro, Manuel Doval, deputado de Cultura da Deputación de Ourense e María Touza, concelleira de Cultura e Turismo de Ribadavia. Manuel Doval, deputado provincial, sinalou que debemos traballar en potenciar a comarca e os viños do Ribeiro, destacando e poñendo en valor a paisaxe e a historia que temos nesta zona e apostar polo “ouro líquido” e polo termalismo. Pola súa parte, o alcalde…

Ver+

Obradoiro ‘Educando en Igualdade’. Paula Hernández. Ourense

15 de marzo ás 19:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Taller sobre a necesidade da construcción dun sistema baseado na equidade e diversidade das identidades e roles, exentos de desigualdade entre as persoas. Co gallo do Día Internacional da Muller, esta charla formativa pretende a promoción da eliminación de estereotipos de xénero. Organiza: Fundación Amigos de Galicia.

Ver+

Presentacion de “Algunos abuelos de la democracia” de Alfonso García López. Ourense

13 de marzo 20:00h; no Centro Cultural Marcos Valcárcel É o título do novo libro de Alfonso García López, no que nos presenta o resultado de anos de investigación sobre os perfís dos avós de algúns dos políticos demócratas máis relevantes dos nosos días. “Algunos abuelos de la democracia”   Aínda que é prematuro, farei unha breve referencia ao meu último libro, Algúns avós da democracia, a petición do noso Presidente, Antonio Álvarez, pois non estará terminado ata a segunda quincena do mes de xaneiro. Quen son os avós da democracia dos que…

Ver+

Curso Adobe Lihgtroom. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense

09 de marzo ás 10:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel   Obradoiro que desvela todo o potencial de Lightroom, un dos programas máis completos e útiles na fotografía. Unha xornada de intercambio de coñecemento sobre a actividade fotográfica desde a toma, a edición e a súa socialización co Lightroom como eixe vertebrador. Imparte: Julio Eiroa Horario: 10.00 – 14.00h / 16.oo – 20.00h Dirixido a: Calquer profesional ou persoa afeccionado á fotografía. Contidos do Obradoiro Qué é Adobe Lightroom? Entorno de traballo. Fluxo de traballo. Módulo biblioteca. Módulo revelado. Outros módulos. Comunicación…

Ver+

ARTE + MULLER + GALICIA. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense

08 de marzo ás 19:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Co gallo do Día Internacional da Muller, proxéctase este documental dirixido por Rosario Sarmiento Despois da proxección haberá un coloquio onde intervendrán as artistas galegas : SOLEDAD PENALTA VICTORIA CARBALLO-CALERO ELVIRA CARREGADO ISABEL SEIDELL

Ver+

Conferencia Ourense: “Construtores de monumentos e paisaxes na prehistoria do sudoeste ourensán”

07 de febreiro ás 20:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Xosé María Eguileta Franco ; Doutor en Arqueoloxía, falará sobre traballos arqueolóxicos feitos desde 1980 nos espazos protexidos da Serra do Xurés-Gerês Presentamos o estado actual do Megalitismo da comarca da Baixa Limia a partir de traballos de investigación realizados a finais da década de 1980 e inicios de 1990: as escavacións realizadas, a distribución dos monumentos polo territorio e as intensas transformacións da paisaxe dende finais do Vº milenio BC. A monumentalidade dos megálitos -dólmenes e túmulos- está ben representada…

Ver+

Coloquio Michael Brand; “O Tratamento da Diversidade na ensinanza da lingua inglesa”. Ourense

11 de febreiro ás 18:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Acción formativa especialmente dirixida ao profesorado de lingua inglesa Todo neno importa: habilidade mixta en primaria Axuda! Hai tanta variedade de habilidades na miña clase! Quero desafiar aos meus estudantes máis fortes sen que os máis débiles queden atrás. Os mestres de primaria saben que todos os nenos son importantes, pero ás veces é difícil atendelos nunha clase heteroxénea. Esta sesión práctica propoñerá estratexias e actividades que fomentan a competencia cívica, fomentan a autoestima e permiten que TODOS os estudantes…

Ver+