Segue aberto o prazo de inscrición no programa Depotermal 2019. Sanxenxo

O prazo para inscribirse no programa Depotermal da Deputación de Pontevedra continúa aberto ata o próximo 29 de marzo.

As persoas interesadas en participar no programa de termalismo deberán cubrir o formulario de solicitude, que se pode atopar na páxina web da Deputación ou nas oficinas de Servizos Sociais, en Portonovo.
O programa de termalismo e saúde ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade.
Para participar no programa hai que cumprir os seguintes requisitos:
  • Persoas de 50 anos ou máis.
  • Pensionistas.
  • Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% (en caso de nacer o un de xaneiro de 1969 ou nunha data posterior).
  • Valerse en por si e non padecer ningunha alteración do comportamento que poida perturbar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer unha enfermidade transmisible con risco de contaxio.
Comparte!!!

Relacionados