As variacións do caudal do río Miño pola apertura de comportas na estación de bombeo de Oira están a provocar o anegamento periódico das termas do Muíño da Veiga.
Por este motivo, a Concellería de Turismo e Termalismo sinalizou a zona afectada co gallo de prohibir o acceso das persoas. O Concello de Ourense aconsella seguir as indicacións na zona termal, que acoutan o espazo con balizas por motivos de seguridade.