Chega ao Auditorio do Carballiño o humorista “El Monaguillo”, un dos pratos fortes do ciclo de monólogos “Carballiño Comedy 4”

Tras Luís Piedrahita e JJ Vaqueiro, chega este sábado, 2 de febreiro, ás 21,00 h., ao Auditorio do Carballiño o humorista El Monaguillo. E faino co seu último espectáculo para todos os públicos, ao que mesmo poden acudir nenos, “¿Solo lo veo yo?”.

O xenial cómico malagueño Sergio Fernández “El Monaguillo”, coñecido polas súas intervencións en programas de televisión como El Hormiguero ou  Me resbala, cumpre 20 anos de carreira sobre os escenarios, e nesta ocasión acode por primeira vez ao Carballiño cun espectáculo realmente divertido, cos seus mellores monólogos, antoloxía das súas cómicas reflexións e ata un paseo polas películas da súa infancia que máis o marcaron.

90 minutos de risas onde “EL MONA” tentará gañarse o corazón do público e a renovación no El Hormiguero.

¬VENTA DE ENTRADAS CLICK AQUÍ

E venda en local físico no Restaurante Comonacasa do Carballiño.

Comparte!!!

Relacionados