Presentación de INVENTRIP aos hostaleiros de Sanxenxo

Trátase dunha plataforma, na que máis de 40 destinos turísticos xa envorcan a súa información relevante para os visitantes e veciños. Turismo de Sanxenxo xa apostou por este sistema para poder seguir á vangarda no sector e así o demostrou este ano en Fitur, a través da APP, das tarxetas NFC ou da propia web.

Inventrip ofrece información turística de Sanxenxo, tal como rutas, miradoiros, praias, patrimonio, gastronomía… con tan só descargarse a aplicación. Así calquera persoa que chegue ao municipio pode dispoñer desde o primeiro momento da toda a información que necesita para gozar da súa estancia.

Ademais, os veciños e veciñas poderán estar ao día de todos os eventos e novidades do seu interese, na axenda cultural, deportiva, gastronómica, etc., do municipio. Para isto, terán que descargarse desde as súas plataformas de descarga esta APP.

Do que se trata é de achegar aos empresarios hostaleiros á tecnoloxía da que xa dispón Sanxenxo para facilitar o contacto cos turistas e ofrecer unha atención de calidade e personalizada ao visitante, motivándoos a formar parte da comunidade Inventrip Sanxenxo, (https://inventrip.com/sanxenxo/trip/1964na que poderán crearse un perfil a modo de portal publicitario e engadir fotos, ofertas puntuais, menús… para restaurantes, hoteis, cámpings, e demais empresas que realicen a súa actividade no municipio e que queiran formar parte desta sinxela e próxima rede, cada vez máis presente nos teléfonos móbiles de Sanxenxo.

Comparte!!!

Relacionados