A directora de Turismo do Cantón de Guanzú achegouse á caseta de Galicia en FITUR para entregar uns exemplares dunha revista editada en China con motivo da visita dunha delegación de xornalistas chineses o pasado verán, e que asistiron á 56 Festa do Polbo.
Precisamente, nesta revista dedícanse dúas páxinas a resaltar as excelencias desta festa, e inclúense varias fotografías da última Festa do Polbo.
É unha boa noticia, que contribuirá a incrementar o dossier de prensa internacional para obter a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.