Axenda Cultural para esta semana do Concello de Ourense

Música, teatro e actividades infantís son os eixos sobre os que pivota a oferta cultural do Concello de Ourense para esta semana. As actividades comezan este mesmo xoves con tripla convocatoria: Enclave de Cámara, Festival de Jazz e teatro para adultos. O venres, dobre ración de música (Música do Camiño e Bustamante) e teatro para bebés. E o domingo, día da Romaría do San Lázaro, haberá teatro infantil no Auditorio pola mañá, e actuación de Luis Piedrahita pola tarde. Trío Arriaga – Enclave de Cámara Xoves 4 de abril. 20:00…

Ver+

Programación do Auditorio de Ourense para esta semana

Velaquí a programación de actividades do Auditorio Municipal para os vindeiros días. A maiores, a axenda cultural inclúe os concertos do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso: o venres 22 ás 20:30 horas na Igrexa das Caldas, Apollo5 (Reino Unido); o sábado 23 ás 19:30 horas na igrexa de Santa Mariña de Augas Santas de Allariz, LaReverdie (Italia), e o domingo 24 ás 19:00 horas no Teatro Principal de Ourense, peche desta duodécima edición con Vienna Clarinet Connection (Austria). TANATORIUM, de Félix Albo. Xoves 21, 20:30 horas. Público adulto. Entradas 5 €. Un home entra no…

Ver+

Festival de Música ‘Pórtico do Paraíso’, danza, teatro… Esta semana en Ourense

O espectáculo de danza Entresoños, da compañía de Fran Sieira, iniciará mañá, xoves, unha fin de semana cargada de cultura que inclúe o inicio da edición número 12 do Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso, a estrea de Mariana, de Palmyra Teatro, no marco das actividades co gallo do Día Internacional das Mulleres, e unha nova cita co teatro infantil con E-book: As idades do libro. EntreSoños (14 de marzo, 20.30h, Auditorio) é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores:…

Ver+

O Festival ‘Pórtico do Paraíso’ recibe o selo de calidade europeo 2019-2010. Ourense

O Festival Internacional de Música de Ourense ‘Pórtico do Paraíso’, que celebra a súa décimo segunda edición do 15 ao 24 de marzo, acaba de recibir o Selo de Calidade Europeo EFFE Label 2019-2020. Así llelo fixo saber, este xoves 21, a secretaria xeral da European Festivals Association (EFA), Kathrin Deventer, aos responsables do Pórtico do Paraíso en nome do xurado internacional de EFFE (Europe For Festivals, Festivals For Europe). O EFFE Label é o Selo de Calidade Europeo que se lles concede a aqueles festivais que amosan o seu compromiso…

Ver+