As páxinas destinadas a enriquecer a historia de Pontevedra festexan a nova publicación do investigador Leoncio Feijoo Lamas. O traballo leva por título: Los gigantes de Pontevedra; tónica habitual é a edición a cargo do autor, cando ben merecería estar subvencionada. Cobrou forma na tan senlleira Imprenta C. Peón, a mesma da que saíra un bando que dicía: Os vellos non deben de namorarse. O autor é un investigador serio, dos que non erran o tiro. A Leoncio Feijoo gústalle enfrontar coa documentación. Vótalle horas de arquivo, traballa con paciencia…
Ver+Categoría: Historia
Unha publicación agardada sobre os exvotos en Galicia
En 1987 o Museo Provincial de Pontevedra organizaba unha mostra xunto co Musseé des Beaux-Arts de Brest sobre exvotos mariñeiros galegos e bretóns, a cal se puido gozar en ambas as cidades, primeiro na francesa a finais do devandito ano, e a comezos de 1988 na cidade do Lérez. Esta mostra foi a raíz da cal xurdiría unha dedicación por catalogar e analizar os exvotos, en todas as súas variantes, no ámbito galego. Xosé Fuentes Alende foi o encargado de realizar labores de pescuda para a exposición, quedando enfeitizado polo…
Ver+Algo do Fraguas xornalista
(Fonte: MPG / www.eldiario.es) Habería que falar algo do homenaxeado polo Día das Letras Galegas deste ano 2019; refírome, claro está, a Antonio Fraguas Fraguas. Ás diferentes institucións e aos expertos corresponde o labor dos estudos sobre a figura obxecto de tributo. Xa contamos cunha fantástica biografía, obra de Malores Villanueva, publicada por Galaxia e que vén sumarse ao relato da vida do sabio nado en Insuela (Cotobade), aberto en anos anteriores por outros autores como, sobre todo, Clodio González. Tamén existen, como non podía ser doutro xeito, as achegas…
Ver+Unha exposición na Historia: ‘Entre Dúas Augas. Pontevedra 1930 – 1940’
(Fonte: Páxina de Facebook Arquivo Municipal de Pontevedra Sotelo) Todo deu comezo coa inauguración da mostra, no Palacio de Exposicións e Congresos, o día trinta de abril. No entanto, a cousa viña dun gran traballo e esforzo previos que, tal vez, fan da exposición “Entre dúas augas. Pontevedra 1930-1940” a máis ambiciosa promovida polo Arquivo Municipal e unha das mellores, nos últimos tempos, sobre a historia da capital pontevedresa. Os principais “culpables” da iniciativa foron nomes coñecidos: Enrique Sotelo Resurrección dirixe o Arquivo Municipal de Pontevedra desde hai anos. Posúe…
Ver+A noite de San Xoán… A noite máis máxica
A noite de san Xoán é unha das festas antropolóxicamente máis importantes en Galicia, a noite do Lume Novo. Así por exemplo, celébrase na Coruña coas tradicionais fogueiras na praia do Orzán e na de Riazor, sendo esta a festa do san Xoán máis multitudinaria de Galicia e unha das máis multitudinarias de toda España. A noite de san Xoán na Coruña foi declarada festa de interese turístico internacional de España. Porén en todo o territorio é de tradición acender cacharelas e facer xantares populares onde as sardiñas, os cachelos…
Ver+Historia das Alfombras Florais de Bueu e do Corpus
Foto: You tube No municipio de Bueu, a celebración da festa do Corpus remóntase ao século XVII. A partir da documentación máis antiga atopada na parroquia –libros da Confraría do Santísimo Sacramento dende 1740- dedúcese que xa existía con anterioridade. Durante todo este tempo, a procesión que se realiza despois da misa evolucionou moito, tanto no seu percorrido como nos elementos empregados na mesma. Nun principio, o Santísimo limitábase á igrexa, onde había rodas de adoración por parte dos fregueses. Despois, esta ampliouse cunha procesión arredor do adro da igrexa,…
Ver+Castañas Medievais
O autor Heitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974) é unha desas persoas con varias inquietudes, e a súa angueira reflexa paixón. É enxeñeiro técnico naval de profesión, aínda que tamén exerce de investigador, escritor e mesmo ilustrador de libros e publicacións periódicas. A súa obra xa é extensa, pero sobre todo mantén unha calidade evidente. Ten publicado en varias revistas especializadas e de divulgación e tamén en xornais, así mesmo escribiu contos infantís e varios ensaios, o último, anterior ao que vimos falar, trata sobre o Cuntis romano e é realmente…
Ver+Faro da Illa de Tambo
A construción do faro de Tambo, tamén chamado o faro de Tenlo Chico, aprobouse en xuño de 1916 dentro do plan xeral de balizamento da Ría de Marín e Pontevedra, cunha luz branca de ocultacións equidistantes, para que servise de enfilación aos barcos que buscasen o porto de Marín. A súa construción prolongouse ao longo de dous anos, e luciu por primeira vez en 1922. A Súa Luz É unha luz nova, de apenas medio século, levantada en 1955 cunha óptica dióptrica de 375 milímetros de diámetros, con dobre quemador…
Ver+El naufragio del Ave del Mar
Foto: Facilitada por el autor del artículo Las islas Cíes, el paraíso natural tan cerca de nosotros, lugar de leyendas y testigo de numerosos naufragios se hacía eco de un triste suceso ocurrido hace 60 años, que llenó de luto la villa de Moaña. Eran las 7,40 del 10 de Noviembre de 1956, un pesquero de doce metros de eslora y posiblemente debido a la intensa niebla, o un fallo mecánico dejando el barco sin gobierno, se hundía en las inmediaciones de las islas, dejando 26 fallecidos y un inmenso dolor…
Ver+O Monte do Facho: Terra Santa Galega
Foto©Porgaliciabaixo O Monte do Facho (Hío, Cangas do Morrazo – Pontevedra) é moi coñecido polos seus espectaculares vistas, polas súas escavacións, o seu castro, e pola existencia dun santuario galaicorromano. Nos últimos tempos déronse novidades sobre este tema, da man do arqueólogo José Suárez. O seu traballo fálanos da secuencia cultural desta escavación, comezando segundo argumenta na época do Bronce, asentándose daquela unha poboación no castro; o episodio da época galaicorromana tardía entre os séculos III ó V, e finalmente este monte foi utilizado como enclave de vixilancia costeira pola…
Ver+Diego Pazó; el hombre que revolucionó la náutica gallega desde Pontevedra
Foto facilitada por el autor del artículo (O texto está escrito en español, respéctase o idioma de orixe) En la historia de Pontevedra cabe reseñar el nombre de una figura un tanto olvidada, me refiero a Diego Pazó, desarrolador de los motores marinos Pazó, que llegaría a convertir a Pontevedra en un referente para la flota pesquera de nuestras rías. En un momento de la historia pesquera, en los años cuarenta y cincuenta, fue clave; en la postguerra no se podían importar motores marinos, entonces los pescadores sólo podían emplear…
Ver+