Campionato Galego de Voleibol Alevín e Benxamín. Pontevedra

Pontevedra acolle o vindeiro sábado 6 de abril o Campionato Galego de Voleibol Alevín e Benxamin, que reunirá no CGTD un total de 241 nenos e nenas, de 42 equipos de distintos clubs de Galiza.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, presentou a nova cita deportiva da cidade xunto con Patricia Valcárcel, do Voleibol Club Pontevedra; Ramón Bañe, secretario da Federación Galega de Voleibol e Daniel Benavides, delegado de Deportes da Xunta.

Máis que unha competición (que tamén é) é unha festa do voleibol, subliñou Patricia Valcárcel. O encontro é unha oportunidade para visibilizar o voleibol, un deporte aquí minoritario e tamén un convite á práctica desta actividade física.

Comparte!!!

Relacionados